Medio Rural inviste máis de 380.000 euros na creación e mellora de pasteiros nos concellos de Moaña e Tomiño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, realizou hoxe unha visita para comprobar o estado destes pasteiros que abranguen unha superficie total de 47,45 hectáreas
- A Consellería destina este ano 3,7 millóns de euros para seguilos implantando por todo o territorio, dado que facilitan a ampliación de base territorial e ao mesmo tempo contribúen a ser barreira natural contra os incendios forestais

Moaña (Pontevedra), 28 de maio de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentaria, José Balseiros, comprobou hoxe as tarefas de implantación de dous pasteiros na provincia de Pontevedra, concretamente nos montes veciñais en man común de Meira, no concello de Moaña, e no de Pinzas, en Tomiño. En total, a Consellería do Medio Rural investiu máis de 380.000 euros nestes pasteiros cunha superficie total de 47,45 hectáreas.
A primeira visita do director xeral foi ao pasteiro de Meira, ao que se destinaron algo máis de 180.000 euros para a súa mellora. Neste sentido, leváronse a cabo tarefas de roza, instalouse un peche perimetral de 1.310 metros lineais, colocáronse cinco cancelas, subministráronse tres comedeiros e dous bebedoiros, así como tres galpóns que serven como refuxio para animais. Por último, acometéronse melloras de acceso nunha superficie de 5.200 metros cadrados.
Posteriormente, trasladouse a Tomiño para comprobar o estado do pasteiro de Pinzas, ao que se destinaron máis de 200.000 euros para a súa implantación en 25 hectáreas. A maiores, instalouse un peche perimetral de 3.200 metros lineais, colocáronse seis cancelas, subministráronse cinco comedeiros e dous bebedoiros, así como unha manga de manexo.
O director xeral salientou o investimento realizado para este tipo de iniciativas que favorecen a gandaría en extensivo. De feito, a Consellería do Medio Rural destina este ano 3,7 millóns de euros para seguir implantando pasteiros por todo o territorio, dado que facilitan a ampliación de base territorial e ao mesmo tempo contribúen a ser barreira natural contra os incendios forestais.