A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira 'Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O público xeral poderá acceder de balde á representación das 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo que constitúen o núcleo central da programación
  • Unha ducia de presentacións en formato breve, dúas mesas redondas e un concerto conforman a oferta exclusiva para as persoas acreditadas, entre as que se atopan responsables de mostras, circuítos e espazos escénicos
Imagen del artículo A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira 'Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025

A Xunta de Galicia congregará a semana que vén en Santiago de Compostela 225 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos de artes escénicas con motivo da 12ª edición do mercado Galicia Escena PRO, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a asociación empresarial Escena Galega. Oito espazos e prazas da cidade acollerán do 2 ao 5 de xuño o conxunto das actividades programadas este ano, que inclúen 21 funcións de teatro, danza e circo contemporáneo, 12 presentacións de proxectos en formato pitching, dúas mesas redondas e un concerto.

Ademais, nestes momentos estase a pechar xa o intenso calendario de reunións que as compañías galegas inscritas manterán con máis de 80 responsables de mostras, circuítos e espazos escénicos tanto de Galicia como doutras sete comunidades autónomas e de Portugal co fin de favorecer a contratación de espectáculos de produción galega.

Este é o obxectivo prioritario do encontro, que tamén ofrece un escaparate cara ao público para unha escolma de 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo, das que 18 son galegas. Así, as persoas non acreditadas poderán asistir a estas representacións segundo a dispoñibilidade en casa espazo e previa retirada dos convites (máximo dous por función) na oficina de coordinación da feira, situada no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en horario de 9,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 19,00 h.

Os espectáculos galegos de teatro para público adulto seleccionados para Galicia Escena PRO 2025 son As gardiás ou o nó do tecelán de Teatro de Ningures, María Visitación Consolación Amadora de Loia Producións, O proceso de Malasombra, Reconversión de Ibuprofeno Teatro, Tromsø de Morraoconto, Ubasute de Berrobambán, Un deus salvaxe de Talía Teatro e Vitória de Iria Pinheiro.

En danza, poderán verse as pezas Anfibia de La Guajira, Aurora Boreal de Paula Quintas Cía., Cicatriz de Kirenia Danza, Transeúnte de Daniel Rodríguez e Trïade de Colectivo Glovo, mentres que Rogelio III. La fête de AsSircópatas encádrase no apartado de circo. Ademais, inclúense nesta carteleira catro propostas pensadas para público familiar da man de Os Náufragos Teatro con Bulebule, Xampatito Pato con Compaña, Aurora Artes Escénicas con Maruxiña e Redrum Teatro con Os contos do Lobicán.

A estes títulos, producidos na súa meirande parte co apoio das subvencións da Xunta á creación escénica, súmanse outros tres espectáculos doutras tantas compañías convidadas dentro do acordo de colaboración con MADferia e Dansa Valéncia: a madrileña Nueveuno Circo con Todo lo posible, a valenciana Cía. Kiko López con Honest e o dúo gaditano Jessica Castellón & Boris Orihuela con Cuentas corrientes.

Programación profesional

Xa dentro da programación exclusiva para profesionais con inscrición en Galicia Escena PRO, o luns e o martes desenvolveranse as sesións de presentacións en formato pitching de 12 proxectos aínda en proceso de preparación. O primeiro día será a quenda de A derradeira leición do mestre de Chévere, A metamorfose de Sarabela Teatro, Manual de patronaxe de Teatro do Noroeste, Oh, mammi blue! de Cinema Sticado e Xoguetes rotos de Barrosanta e ButacaZero, mentres que o día 3 daranse a coñecer Galerock 'N' Magic do Mago Teto, Monte de Laboratorio Escénico, Ninguén tira fotos nos enterros de Carlota e Compañía, O arcón de Noa de Amarelo Cía., O espírito de Vania de Machi Salgado, Os Senteito de Caramuxo Teatro e Todas temos a mesma historia de LaGriot'te.

A feira propón tamén un espazo para a reflexión e o debate arredor da situación actual do sector, que desta volta acollerá unha mesa redonda sobre as boas prácticas na distribución e outra sobre o relevo profesional e xeracional no ámbito da programación escénica. Na primeira delas participarán Daniel Juste, programador do Teatro José María Rodero de Torrejón de Ardoz (Madrid); Helena Ordóñez, codirectora de Contorsions-Festival Internacional de Circ de València, e Susana Rubio, presidenta da Asociación de Empresas de Distribución y Gestión de las Artes Escénicas, mentres que para a segunda se contará con Miguel Ángel Barreales, programador do Teatro El Albéitar de León; Pol Gil, director executivo da Mostra Igualada-Fira d'espectacles infantils i juvenils e membro da Xunta Directiva da Coordinadora de Feiras de Artes Escénicas e Paloma Morcillo, programadora do Teatro López de Ayala de Badaxoz. Gustavo del Río, do equipo da organización de Galicia Escena PRO, será o moderador en ambos os casos.

Completa o programa desta 12ª edición o concerto que a banda Capital Voskov ofrecerá o martes pola noite na Sala Riquela, que repite como espazo Galicia Escena PRO. Pola súa banda, Auditorio Abanca, Igrexa da Universidade, Salón Teatro, Teatro Principal e as prazas de Mazarelos e da Quintana serán os escenarios para as representacións dos espectáculos, mentres que o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá as reunións profesionais, as presentacións pitching e as mesas de debate.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/05/2025
1033466 {"title":"A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira 'Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos","published_date":"2025-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1033466"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-28/1033466-xunta-reune-225-profesionais-peninsula-na-12-feira-galicia-escena-pro-impulsar-contratacion-espectaculos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.