A Xunta e o Concello da Laracha avalían o proxecto para a construción dunha nova EDAR en Caión

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez reitera que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias nesta materia de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza
  • Tamén estudaron a inclusión do sendeiro proxectado polo concello entre Fonte Xermaña e Caión na futura senda peonil desde Ribadeo ata Tui, que está a deseñar a Xunta ao abeiro da Lei de ordenación e xestión do litoral
Imagen del artículo A Xunta e o Concello da Laracha avalían o proxecto para a construción dunha nova EDAR en Caión
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, avaliaron hoxe o proxecto municipal para construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Caión e a folla de ruta para tramitar a súa redacción.

En concreto, durante unha reunión que mantiveron esta tarde en Santiago de Compostela, o rexedor explicou que esta actuación é necesaria para substituír o pretratamento actual por unha nova depuradora noutra localización. A futura infraestrutura, cuxo orzamento inicial se estima en máis de 2 millóns de euros, ademais de á veciñanza de Caión, tamén podería dar servizo ao núcleo de Xermaña.

A maiores, no encontro tamén avaliaron outras iniciativas en materia de augas como, por exemplo, a mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Paiosaco.

Ángeles Vázquez explicoulle ao alcalde que o persoal de Augas de Galicia está a revisar os proxectos remitidos polo Concello e, unha vez analizados, estudarase a posibilidade de establecer vías de colaboración para acometelos.

Nesa liña, a conselleira reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe este ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.

Ademais, durante o encontro, Ángeles Vázquez e José Manuel López estudaron a inclusión do sendeiro proxectado polo concello entre Fonte Xermaña e Caión na futura senda peonil desde Ribadeo ata Tui que está a deseñar a Xunta ao abeiro da Lei de ordenación e xestión do litoral, e tras formalizarse o traspaso a Galicia dos servizos, medios e funcións necesarios para que a Comunidade poida asumir a xestión plena e efectiva da súa franxa costeira.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1032488 {"title":"A Xunta e o Concello da Laracha avalían o proxecto para a construción dunha nova EDAR en Caión","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1032488"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1032488-xunta-e-concello-da-laracha-avalian-proxecto-construcion-dunha-nova-edar-caion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.