A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para mercar bicicletas eléctricas de pedaleo asistido ou para cadeiras de rodas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que establecementos de Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo xa se sumaron ao programa EBici, ao que poden seguir incorporándose novos negocios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 27 de maio de 2025
A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas do programa Ebici, que financia a compra de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas. O orzamento total suma 1,7M€ distribuídos en dúas anualidades: 1 M€ para 2025 e 700.000 euros para 2026.
Así o explicou o delegado territorial, Javier Arias, no transcurso dunha visita a Lucus Aventur, en Lugo, un dos trece establecementos da provincia asociados ao programa. En toda Galicia rondan os 110, pero poden continuar sumándose novos negocios ata o 31 de agosto de 2026.
Ata o de agora, na provincia adheríronse locais da capital, Monforte de Lemos, Sarria, Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo. Na páxina web de EBici pode consultarse a listaxe completa e todos os detalles da iniciativa.
En canto ás solicitudes, os particulares interesados poden presentalas ata o 13 de novembro de 2026 - ou ata que se esgote o crédito - en calquera dos establecementos asociados, que son os encargados de tramitalas.
Con carácter xeral, as achegas cobren ata o 50% do custo cun máximo de 500 euros. A contía elévase ao 60% cun límite de 600 euros no caso das familias numerosas; e alcanza o 70% - ata 700 euros - para as familias numerosas de categoría especial e para as persoas con mobilidade reducida.
Arias lembrou que o obxectivo deste programa autonómico é "promover que os cidadáns realicen os seus desprazamentos cotiáns de curta distancia en bicicleta, especialmente nas contornas urbanas, para fomentar unha mobilidade máis saudable e desconxestionar os centros das cidades, reducindo en consecuencia as emisións á atmosfera e tamén os ruídos".
Dende que se puxo en marcha en 2022, a iniciativa Ebici leva beneficiado a 368 lucenses que recibiron case 181.000 euros en axudas para mercar bicicletas coas características contempladas no programa.