A conselleria do Mar explora xunto coa universidade novas liñas de colaboración científica

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O titular de Mar destacou o prestixio deste centro académico que conta co Selo de grao de excelencia autonómico así como o papel dos futuros veterinarios no sector do Mar, dada a súa importancia para garantir a soberanía alimentaria
  • Alfonso Villares realizou un percorrido polas instalacións onde puido coñecer o laboratorio de habilidades clínicas, os diferentes equipos de investigación, a sala de necropsias, a aula de realidade virtual e o hospital veterinario

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 27 de maio de 2025

A Xunta continúa traballando coa facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo para afondar na colaboración en ámbitos científicos como a formación e investigación relativa á sanidade mariña. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro cos responsables do centro académico para estudar distintas propostas como o impulso de conferencias e seminarios, o reforzo da docencia práctica así como o desenvolvemento de accións de divulgación sobre o traballo científico desta facultade sobre ámbito mariño.

O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, destacou o prestixio da formación impartida por esta facultade que conta co Selo e grao de excelencia autonómico polo que resulta un aliado moi atractivo para a realización de novas iniciativas relacionadas coa sanidade dos recursos pesqueiros. Nesta liña, destacou que os futuros profesionais de veterinaria que se forman aquí están chamados a ter un papel moi relevante no sector do mar da comunidade, esencial á hora de garantir a imprescindible soberanía alimentaria.

Alfonso Villares aproveitou a súa presenza para realizar un percorrido polas instalacións onde puido coñecer o laboratorio de habilidades clínicas, o traballo que desenvolven os diferentes equipos de investigación, a sala de necropsias, a aula de realidade virtual e o hospital veterinario. Uns equipos punteiros que sitúan a esta facultade á vangarda e que reforzan a posición de Galicia como referente complementado o traballo que realizan outros de investigación mariña autonómicos.

O responsable autonómico compartiu co persoal docente a importancia da dieta atlántica como fonte de saúde e benestar e puxo en valor a súa baixa pegada de carbono polo que non só contribúe ao benestar da cidadanía senón tamén do medio ambiente. Por outra banda sinalou a necesidade de explorar iniciativas para avanzar na capacitación na investigación no campo da seguridade alimentaria así como abordar dun xeito transversal a educación nutricional en centros escolares ou hospitais, valorizando as calidades dos produtos pesqueiro no marco de dita dieta atlántica.

Seguridade alimentaria

A facultade de Veterinaria de Lugo colabora co servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, que conta cunha vintena de veterinarios en activo, na actividade de inspección deste departamento autonómico que conta entre os seus obxectivos o de velar pola seguridade alimentaria dos consumidores. Un traballo conxunto que poderíase estender a outros departamentos como o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) no ámbito da investigación e control de toxinas mariñas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1032412 {"title":"A conselleria do Mar explora xunto coa universidade novas liñas de colaboración científica","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724990\/20250527VillaresVisitaFacultadeVeterinaria+%2821%29.jpeg","id":"1032412"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1032412-conselleria-do-mar-explora-xunto-coa-universidade-novas-linas-colaboracion-cientifica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.