López Campos anima á mocidade a achegarse á mostra de orientación educativa da Estrada
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Estrada (Pontevedra), 27 de maio de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, animou hoxe á mocidade a achegarse a III Mostra de Orientación Educativa que se celebra ata mañá na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para coñecer "de primeira man a oferta formativa e as numerosas saídas profesionais" que poden atopar en Galicia.
Neste senso, López Campos explicou que esta cita, celebrada co apoio da Xunta e en colaboración co Concello da Estrada, pretende axudar a resolver as inquedanzas de preto de 1.300 mozos e mozas. Así mesmo, salientou que o apoio a esta iniciativa forma parte da liña de traballo que ten en marcha o Goberno galego para axudar á mocidade no acceso ao mercado laboral e na que se inclúen medidas como o programa Xuventude Mentoring, que promove a formación e acompañamento en sectores estratéxicos e que conta xa cunha taxa media de inserción laboral superior ao 64%.