A Xunta inaugura a nova biblioteca do colexio CEIP O Castiñeiro de Laza co fin de fomentar a lectura
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita esta zona renovada ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio CEIP O Castiñeiro de Laza para inaugurar a súa nova biblioteca escolar, un espazo renovado ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) da Xunta de Galicia ao que o centro se incorporou no curso 2024/25. En concreto, neste programa deseñado para fomentar o hábito lector, participan un total de 85 centros da provincia de Ourense.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP felicitou a toda a comunidade educativa por converter "a biblioteca escolar nun espazo de referencia para fomentar o hábito lector, ao ser lugares clave no impulso da aprendizaxe, a inclusión e o pensamento crítico do alumnado". Judith Fernández puxo en valor o compromiso do centro coa dinamización da súa biblioteca que, ao abeiro do Plambe, recibiu 4.000 euros do Goberno galego para ampliar os seus fondos bibliográficos, renovar o mobiliario e o equipamento e abordar os seus gastos de funcionamento.
Neste sentido, a directora xeral animou ao equipo docente e aos alumnos a "sacarlle o máximo partido" a este novo espazo e tamén os felicitou polo recente galardón no VII Concurso de podcasts - Radio na biblio na modalidade infantil polo podcast O noso son co gallego do Día das Letras Galegas. Este premio, enmarcado no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) das bibliotecas escolares, está dotado con 1.250 euros que o centro poderá destinar a mellorar a emisora de radio ou a facer actividades relacionadas co funcionamento deste equipo, sempre vinculado á biblioteca escolar.