A Xunta achégalles aos concellos as novidades da lei de eficiencia da xustiza para o eido local

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Xustiza participou nunha xornada impulsada pola Fegamp para informar das oficinas de xustiza nos municipios
  • O obxectivo é situar a cidadanía no centro dos servizos da Administración de Xustiza, cunha atención máis próxima, segura e accesible

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na Xornada Informativa sobre as principais novidades da entrada en vigor da lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de Xustiza, impulsada pola Federación Galega de Municipios e Provincias para abordar as características das novas oficinas de xustiza nos municipios. Tal e como establece a norma, estas unidades estarán en funcionamento o 1 de xullo en 38 partidos xudiciais dos 45 existentes en Galicia, xa que para as oficinas situadas nas sete cidades galegas a fase de implantación remata o 31 de decembro.

Na súa intervención, José Tronchoni destacou a importancia das novas oficinas de xustiza nos municipios, xa que con elas os actuais xulgados de paz evolucionan para facilitar unha maior proximidade á cidadanía e permiten dispoñer de servizos en todo o territorio, especialmente no rural para evitar o despoboamento. "Estas oficinas asumen a asistencia a xuíz de paz e colaboran co Rexistro Civil, ademais de realizar outras funcións administrativas para achegar os servizos públicos á veciñanza do propio concello e da área de influencia", apuntou.

O director xeral incidiu en que estes espazos, configurados como a porta de acceso á Administración de Xustiza, son os que rexistran máis novidades coa reforma, xa que, ademais de manter os actuais servizos, amplían o catálogo de xestións nos concellos con menos poboación e cunha atención máis próxima. Así, co obxectivo de evitar que as persoas residentes nestes municipios teñan que desprazarse para realizar xestións presenciais, dotaranse dos medios tecnolóxicos necesarios para intervir a distancia nos actos procesuais.

Deste xeito, búscase situar a cidadanía no centro do servizo, aproveitando a situación de proximidade destas oficinas e impulsando a confianza, a seguridade e a accesibilidade, ao tempo que se reforza a conexión con outras administracións.

Preto de 270 oficinas en Galicia

Segundo sinalou José Tronchoni, cada municipio onde non teña a súa sede un tribunal de instancia existirá unha oficina de xustiza, que prestará servizos na localidade onde se atope situada. En Galicia suman 268 oficinas, que teñen como prioridade prestar un servizo á Administración de Xustiza e amplían tamén a súa actividade ao resto das administracións públicas.

No que se refire aos medios materiais, avanzou que a Xunta lles pedirá aos concellos información sobre as súas necesidades para dotar estas oficinas dos recursos precisos, a maiores dos que xa dispuxesen como xulgados de paz, de cara á implantación progresiva das novas funcións. As administracións locais deberán dispoñer dun espazo acondicionado e no que se garanta a conectividade, a seguridade e a privacidade precisas para as diferentes xestións.

A maiores, Tronchoni referiuse ao especial esforzo que supón para a comunidade a implantación desta reforma, realizada seguindo o modelo de referencia aprobado en Conferencia Sectorial de Xustiza, polo elevado número de partidos xudiciais, a dispersión territorial e a diferente tipoloxía. Con todo, incidiu en que a Xunta está a executar os pasos para garantir o cumprimento dos prazos e xa a comezos deste mes publicou no Diario Oficial de Galicia as distintas resolucións polas que se aproban o deseño e estrutura organizativa das oficinas xudiciais e as relacións de postos de traballo dos rexistros civís, das oficinas de xustiza e das oficinas de xustiza nos municipios.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1032267 {"title":"A Xunta achégalles aos concellos as novidades da lei de eficiencia da xustiza para o eido local","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182349-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1032267"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1032267-xunta-achegalles-aos-concellos-as-novidades-da-lei-eficiencia-da-xustiza-eido-local https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.