A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto para a construción de 26 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A licitación deste contrato de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra, financiado integramente con fondos propios da Xunta, supera os 250.000 euros
- A Xunta mantén o ritmo de traballo para duplicar o parque público de vivenda en Galicia nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000, tendo xa máis de 2.000 vivendas en distintas fases de execución

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), vén de recibir cinco ofertas para a redacción do proxecto para a construción de 26 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia, no concello de Vigo.
Este contrato, licitado por un investimento de 252.122 euros, se financia integramente con fondos propios da Xunta, e no mesmo se inclúen os servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción destas 26 VPP, garaxes, rochos e locais na parcelas parcela MIIIB14. A parcela onde se promoverán estas novas vivendas conta cunha superficie de 893 metros cadrados, e está a ser urbanizada pola Xunta.
A Xunta continúa avanzando no desenvolvemento da construción de vivenda de promoción pública nas grandes cidades e a súa área de influencia, sendo Navia o exemplo do traballo que se está a facer nesta materia.
O departamento que dirixe María M. Allegue mantén o ritmo de traballo para duplicar o parque público de vivenda en Galicia nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000, tendo neste momento xa en marcha máis de 2.000 vivendas en distintas fases de tramitación e execución.