O Centro Dramático Galego estrea mañá a montaxe para público familar 'O carteiro de Ximaraos' en coprodución cos Monicreques de Kukas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Salón Teatro acolle esta semana tres representacións desta peza, creada polo equipo artístico gañador do Premio Xuventude Crea 2024 baixo a coordinación da unidade de produción teatral da Xunta
  • A montaxe leva a escena a obra de Carlos Labraña, galardoada na última edición do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil convocado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
  • Baixo a dirección de Susana Villaverde, que comparte dramaturxia com Ezequiel Rodríguez, a historia mestura realidade e fantasía para abordar o impacto emocional do alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

O Centro Dramático Galego e a compañía Os Monicreques de Kukas estrean mañá mércores 28 ás 18,00 h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela a coprodución O carteiro de Ximaraos, peza teatral para público familiar baseada na obra de Carlos Labraña gañadora en 2024 do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil convocado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

O equipo artístico galardoado o ano pasado co Premio Xuventude Crea na modalidade de teatro é o responsable da posta en escena baixo a coordinación da compañía teatral da Xunta, con Susana Villaverde na dirección e compartindo a dramaturxia con Ezequiel Rodríguez.

Marcelino de Santiago "Kukas" e Isabel Rey interpretan esta historia cos seus bonecos, e son tamén responsables do deseño e e indumentaria dos monicreques xunto a Amelia Poyato, quen se encarga ademais da iluminación. A escenografía e os audiovisuais están concibidos por Maite Dubois. Xosé Lois Romero asina a composición musical e o espazo sonoro foi creado por Noemi Pardo, que colabora tamén nas voces gravadas.

Despois do pase de preestrea para escolares previsto para hoxe, a peza representarase no escenario do Salón Teatro durante tres días, do 28 ao 30 de maio, ás 18.00 horas. As localidades están á venda na plataforma en liña entradas.ataquilla.com e tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do número 34 da rúa Nova compostelá desde as 16,30 h.

Cartas como antídoto contra o esquecemento

O carteiro de Ximaraos presenta unha historia que mestura maxistralmente realidade e fantasía para abordar dúas temáticas de gran relevancia: o impacto emocional do mal de alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal como fío condutor das relacións humanas.

A obra céntrase na relación entre Xoán e o seu avó, antigo carteiro da vila de Ximaraos, que cada vez ten peor memoria. Xoán e mais a súa nai van vivir con el para coidalo e o neno comeza a achegarse ás lembranzas do repartidor de cartas, como a colección de postais penduradas da parede que o avó non lle deixa nin tocar. Co paso do tempo, o ancián cada vez recorda menos cousas, mais do seu maxín nacen diferentes historias que Xoán escoita abraiado, sen saber moi ben se son reais ou inventadas. Ademais, o avó está sempre coa teima de que hai que facer o repartimento das cartas. Xoán pensa que é outro conto máis, ata que atopa no faiado unha saca de correo chea de cartas sen entregar e aparece na súa vida a difícil misión de facer chegar todos aqueles sobres aos seus destinos despois de tanto tempo. A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias, as memorias compartidas e os pequenos rituais familiares poden enfrontarse ao esquecemento.

Con este espectáculo, o Centro Dramático Galego continúa a impulsar e a participar en proxectos compartidos con empresas e profesionais do país, desta volta a través dunha proposta de teatro de obxectos na que se implica á mocidade e cunha das compañías máis senlleiras de Galicia neste ámbito, como son Os Monicreques de Kukas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1031384 {"title":"O Centro Dramático Galego estrea mañá a montaxe para público familar 'O carteiro de Ximaraos' en coprodución cos Monicreques de Kukas","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/183514-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1031384"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1031384-centro-dramatico-galego-estrea-mana-montaxe-publico-familar-carteiro-ximaraos-coproducion-cos-monicreques-kukas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.