As persoas titulares de autorización de taxi poderán solicitar axudas da Xunta ao pago de pólizas de seguro e contratación de persoal desde o 5 de xuño

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe con representantes da Unión de Taxis Galegos (Utaga) e puxo en valor esta nova orde, dotada con 1M€, que se convoca por primeira vez en resposta á demanda do sector polo incremento dos custos nos últimos anos
  • Ata o 14 de outubro segue aberto o prazo para optar a outra liña de subvencións de 500.000 euros dirixida á renovación das frotas con axudas de ata 10.000 euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 27 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo esta mañá un encontro con representantes de Unión de Taxis Galegos (Utaga), aos que anunciou que desde o 5 de xuño poderán solicitar a nova convocatoria de axudas da Xunta destinada ao pago das pólizas de seguros no sector dos taxis e á contratación de persoal asalariado como segunda persoa condutora. Terán de prazo ata o 30 de setembro e deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

Diego Calvo sinalou que con esta orde, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 1 millón de euros para dar resposta ás demandas do sector ante o incremento dos prezos dos seguros nos últimos anos, chegando a duplicarse, e á necesidade de máis condutores para mellorar o servizo. Ademais, coa contratación de persoal asalariado contribuirase a unha mellor prestación do servizo e a satisfacer o aumento da demanda en Galicia, ao mesmo tempo que se xera emprego.

A orde conta con dúas liñas: unha de 840.000 euros cunha axuda de 240 euros por cada autorización para o pagamento das pólizas dos seguros e outra cun orzamento de 160.000 euros e un importe de 2.000 euros por axuda para a contratación dunha segunda persoa condutora, distinta ao titular da autorización, a xornada completa e con dedicación exclusiva.

As persoas interesadas poderán solicitar a axuda da liña dirixida ao pago dos seguros por cada unha das autorización das que sexan titulares, mentres que no caso das contratacións só se subvencionará un contrato por cada titular de autorización, aínda que a persoa solicitante sexa titular de varias autorizacións.

Tal e como lles explicou hoxe o conselleiro aos representantes de Utaga, pódense solicitar unha ou as dúas liñas da orde sempre que se cumpran os requisitos de que as autorizacións estean domiciliadas en Galicia e vixentes e activas na data de presentación de solicitudes e na de resolución de concesión das axudas.

A póliza do seguro ten que pagarse no período subvencionable entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, o mesmo no que deberán realizarse as contratacións dunha segunda persoa condutora.

Diego Calvo destacou o "diálogo directo, continuo e fluído" que a Xunta mantén coas asociacións que representan ao sector do taxi para coñecer a súa situación e dar resposta ás súas peticións con medidas como a nova liña de axudas. Ademais, incidiu no firme compromiso e apoio da Administración autonómica ao sector. Así, xunto con esta nova orde, cómpre lembrar que ata o 14 de outubro segue aberto o prazo para que os taxistas poidan optar a outra convocatoria de 500.000 euros para a renovación das frotas con axudas de ata 10.000 euros coas que financiar a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida ou Eurotaxi, de emisións cero ou de tipo ECO.

Durante o encontro con Utaga, Diego Calvo trasladoulles a importancia do sector ao que representan xa que, na comunidade galega dá emprego a case 5.000 familias con case 3.500 autorizacións. Nesta liña, engadiu que se trata dun un servizo de transporte fundamental para a mobilidade da cidadanía nas áreas urbanas e sobre todo nas rurais, onde ten máis demanda pola dispersión e o avellentamento da poboación.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1031383 {"title":"As persoas titulares de autorización de taxi poderán solicitar axudas da Xunta ao pago de pólizas de seguro e contratación de persoal desde o 5 de xuño","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724987\/260525+Programa+EBici+4.jpg","id":"1031383"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1031383-as-persoas-titulares-autorizacion-taxi-poderan-solicitar-axudas-da-xunta-ao-pago-polizas-seguro-e-contratacion-persoal-5-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.