Medio Rural salienta a acollida do matadoiro móbil de Galicia con máis de 200 servizos no seu primeiro ano de funcionamento

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou o matadoiro móbil que está a colaborar nos preparativos da XIX Festa do Carneiro ó Espeto de Feás, en Aranga
  • Esta iniciativa, pioneira en España, levou a cabo 210 intervencións e deu cobertura a 116 explotacións gandeiras de porcino, ovino e cabrún situadas en localidades que se atopan máis afastadas dos matadoiros convencionais

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Aranga (A Coruña), 27 de maio de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentaria, José Balseiros, visitou hoxe o matadoiro móbil da Consellería do Medio Rural que está a colaborar nos preparativos da XIX Festa do Carneiro ó Espeto de Feás (Aranga), que se celebrará o vindeiro 31 de maio.

Neste sentido, salientou a boa acollida deste servizo público pioneiro en España, que ao longo do seu primeiro ano en funcionamento levou a cabo 210 intervencións e deu cobertura a 116 explotacións gandeiras de porcino, ovino e cabrún situadas en localidades que se atopan máis afastadas dos matadoiros convencionais. O obxectivo desta iniciativa é o de cubrir as demandas do sector, minimizando os desprazamentos dos animais para o seu sacrificio, incrementando a rendibilidade na comercialización dos seus canais e reducindo os seus custos.

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural segue a traballar para mellorar este servizo e por iso, ao longo deste ano, entrará en funcionamento a sala de despezamento instalada na base loxística da unidade en Chantada. Con ela, ofertarase ás persoas titulares das explotacións a posibilidade de obter os produtos cárnicos xa despezados, clasificados e mesmo envasados, para facilitar a súa comercialización.

A maiores, tamén se disporá dun laboratorio de diagnóstico e control de triquina que reforza a seguridade alimentaria, a autonomía operativa do servizo e a axilidade na xestión sanitaria das carnes obtidas, especialmente nun contexto de actuación en zonas rurais cunha limitada infraestrutura analítica.

O servizo do matadoiro móbil pode solicitarse no teléfono 982 25 12 01, operativo de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, ou vía web mediante a cobertura dun formulario dispoñible na Oficina Virtual de Medio Rural: https://ovmediorural.xunta.gal/es/tramites/matadoiro-mobil. Unha vez recibidas as solicitudes, trázanse as rutas nas que se dará servizo ás explotacións gandeiras que o precisen.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/05/2025
1030975 {"title":"Medio Rural salienta a acollida do matadoiro móbil de Galicia con máis de 200 servizos no seu primeiro ano de funcionamento","published_date":"2025-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724990\/20250527_Balseiros_matadoiro_mobil_1.jpeg","id":"1030975"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-27/1030975-medio-rural-salienta-acollida-do-matadoiro-mobil-galicia-mais-200-servizos-seu-primeiro-ano-funcionamento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.