O Páramo acolle esta fin de semana unha proba da Copa de España de Descenso en Bicicleta BTT co apoio da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do campionato, organizado polo club DH Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Páramo (Lugo), 26 de maio de 2025
O Páramo acollerá os días 31 de maio e 1 de xuño a proba de descenso en bicicleta BTT DH Molinos, puntuable para a Copa de España desta modalidade. A Xunta colabora coa iniciativa.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da carreira, onde felicitou ao club DH Galicia polo traballo que realizan para organizar unha cita de primeiro nivel que forma parte do circuíto nacional.
Arias apuntou que esta actividade vai en liña coas accións da Xunta en favor da promoción do deporte, o respecto polo medio natural e a dinamización do territorio. Sinalou ademais que supón unha oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística da zona e o seu potencial para fomentar o turismo deportivo.
Ademais das categorías que competirán a nivel nacional, haberá unha categoría infantil de carácter autonómico para ofrecer aos máis pequenos a oportunidade de desfrutar tamén desta proba.