Rueda reivindica en Salvaterra de Miño o valor cultural e económico do sector vitivinícola galego como símbolo de identidade e calidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o carácter estratéxico do sector, que conta con máis de 10.000 profesionais e case 450 adegas que elaboran viño baixo algún do cinco selos de D.O. ou indicación xeográfica protexida
  • Apunta ás principais liñas de apoio que a Xunta está a desenvolver para reforzar o sector, como as axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas (dotadas con 11,4 millóns de euros para o período 2025-2027), entre outras

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 26 de maio de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, participou esta tarde no acto de inauguración da nova adega Viña Caeira, situada no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño e integrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona do Condado do Tea. Durante o acto, destacou o valor deste proxecto como exemplo de modernidade, identidade e excelencia nun sector estratéxico para Galicia.

Rueda sinalou que Viña Caeira representa unha nova xeración de iniciativas que apostan pola calidade e a internacionalización, cunha capacidade de produción de 120.000 botellas ao ano, maioritariamente de albariño, que contribuirá a reforzar a posición da D.O. Rías Baixas como líder en volume e proxección exterior.

Neste senso, lembrou que esta denominación é a máis exportadora de Galicia, chegando a mercados como Estados Unidos, e que na última campaña colleitou máis de 42 millóns de quilos de uva, o que representa case o 60% do total das denominacións galegas. A produción de albariño xa supera o 26 millóns de litros anuais grazas ao traballo de arredor de 5.000 viticultores.

O presidente destacou o carácter estratéxico do sector vitivinícola galego, que conta con máis de 10.000 profesionais e case 450 adegas que elaboran viño baixo algúns dos cinco selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Subliñou que o viño galego é sinónimo de territorio, identidade e calidade, sendo un emblema da marca Galicia Calidade.

Axudas ao sector

O xefe do Executivo autonómico fixo referencia ás principais liñas de apoio que a Xunta está a desenvolver para reforzar o sector, como as axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo (dotadas con 4 millóns de euros), a promoción en terceiros países (1,7 millóns) ou os fondos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas (11,4 millóns para o período 2025-2027).

Tamén puxo en valor a Estratexia de dinamización territorial e turística das comarcas vitivinícolas, elaborada en colaboración co sector, coa que se busca potenciar o viño galego como recurso económico, paisaxístico e cultural. Neste senso, destacou o crecente interese polo enoturismo, ámbito no que Galicia aspira a situarse como referente internacional.

Rueda explicou que esta prioridade está recollida na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030, que promove un modelo baseado na desestacionalización, a sustentabilidade, a calidade da experiencia e a vertebración territorial. Neste marco, estanse a impulsar melloras en servizos turístico, campañas de promoción internacional, o apoio ás rutas do viño e incluso formación profesional específica en enoturismo.

O presidente concluíu reafirmando o compromiso da Xunta con proxectos que combinen tradición, innovación e capacidade de internacionalización. Insistiu en que apostar polo viño é apostar por Galicia, e que o sector vitivinícola representa unha das mellores cartas de presentación da Comunidade no mundo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/05/2025
1030804 {"title":"Rueda reivindica en Salvaterra de Miño o valor cultural e económico do sector vitivinícola galego como símbolo de identidade e calidade","published_date":"2025-05-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724987\/250526_Pte_MRural_VinaCaeira_DCS_01.jpg","id":"1030804"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-26/1030804-rueda-reivindica-salvaterra-mino-valor-cultural-e-economico-do-sector-vitivinicola-galego-como-simbolo-identidade-e-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.