Galicia rexeita os criterios de aplicación dos coeficientes redutores de xubilación para a frota palangreira-conxeladora e arrastreira-conxeladora
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Segundo estes valores, os barcos rexistrados nestas modalidades non teñen a consideración de buques conxeladores, o que supón unha discriminación a esta frota que faena en augas internacionais e que é maioritariamente galega
- Por este motivo e en cumprimento do acordo da última reunión da Comisión Sectorial de Política Social e Seguridade da Frota, Alfonso Villares solicita por escrito á secretaría xeral de Pesca que esta coordine unha reunión, con todos os organismos competentes na materia, para abordar o estudo da modificación destes criterios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2025
Galicia rexeita os criterios de aplicación dos coeficientes redutores da idade de xubilación no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar. Así llo traslada o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, á secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, nunha carta a propósito da Circular 4/2023, do 15 de decembro de 2023, e que foi obxecto de debate na última Comisión Sectorial de Política Social e Seguridade da Frota do Consello Galego de Pesca, celebrado o pasado 14 de maio en Santiago.
A comunicación estatal establece que os barcos que se atopen rexistrados como palangreiros-conxeladores ou arrastreiros-conxeladores non teñen a consideración de buques conxeladores aos efectos da aplicación dos coeficientes redutores establecidos, polo que esta cuestión supón claramente unha discriminación respecto desta frota que faena en augas internacionais, que é maioritariamente galega, especialmente a de palangre de superficie. Por este motivo, Galicia declina aceptar estes criterios que, por outra banda, tampouco son ningunha novidade. A misiva do Executivo central é completamente idéntica neste punto á publicada en xullo de 2017, e xa daquela suscitara a mesma controversia.
Ao abeiro dos feitos, o responsable autonómico, en aras dunha defensa clara dos intereses do sector, dá cumprimento ao acordo da citada Comisión e pide á responsable da Secretaría Xeral de Pesca que coordine unha reunión coa presenza dos organismos competentes nesta materia, é dicir, o propio departamento gubernamental, a Dirección Xeral da Mariña Mercante, o Instituto Social da Mariña e a Consellería do Mar, para estudar conxuntamente a modificación destes criterios fixados na Circular 4/2023.