Alfonso Villares súmase á acción de limpeza mariña nas praias de Burela dentro do proxecto PlanctON
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Burela (Lugo), 24 de maio de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na acción de limpeza mariña levada a cabo este sábado nas praias de Perdouro e A Marosa no marco do Plan de Conservación Territorial-ON (PlanctON). Trátase dunha iniciativa impulsada por Afundación, a obra social de Abanca, en colaboración co sector marítimo-pesqueiro, e que está destinada a fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas realizada no mar, especialmente nas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de ámbito mariño de Galicia, Rede Natura 2000.
O responsable autonómico sumouse así ao nutrido grupo de persoas que se deron cita nos citados areais, procedentes da Fundación Eu Son, da Asociación de Saúde Mental A Mariña, da Confraría de Pescadores burelense e do Espazo +60 de Viveiro. Para Villares este tipo de accións, que tratan de promover formas de actuar responsables, co fin de manter os recursos sen comprometelos para as xeracións futuras, son fundamentais no senso de preservar os ecosistemas e a biodiversidade do mar. E é que sustentabilidade e conservación son a base desta iniciativa que os promotores están a levar a cabo en distintos enclaves costeiros con elevados valores medioambientais dende o punto de vista mariño.