A Xunta reclama abordar na Conferencia de Presidentes a financiación autonómica, o déficit das infraestruturas críticas, a seguridade no modelo enerxético e, entre outros, o control das fronteiras
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, remitiu ao ministro de Política Territorial unha carta solicitando a inclusión na orde do día dos puntos que desexa abordar Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
A Xunta solicitou ao Goberno de España a inclusión na orde do día da XXVIII Conferencia de Presidentes de temas considerados "prioritarios" e "estratéxicos" tanto para Galicia como para o conxunto do Estado. Así o confirmou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen remitiu unha carta ao ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, pedindo que as propostas de Galicia formen parte da orde do día para ser abordadas na reunión que se celebrará o vindeiro 6 de xuño en Barcelona.
O conselleiro afirmou que, "se ben desde Galicia consideramos axeitado que tanto a vivenda como educación e Formación Profesional, temas propostos polo Goberno central, sexan abordadas no encontro, non poden quedar fóra do debate outros asuntos tamén prioritarios para as comunidades autónomas". Así, no que atinxe á vivenda, "é necesario tratar o acceso á mesma e a necesidade de garantir a seguridade xurídica dos propietarios". Ademais, o Goberno Galego reclama abordar "a seguridade no modelo enerxético e as inversións técnicas nas redes de Red Eléctrica Española, así como as enerxías de respaldo"; máxime cando, "pasado un case un mes desde o apagamento, seguimos sen ter unha explicación do Goberno de España ao respecto".
Outro dos puntos a incluír na orde do día sería o control das fronteiras e a inmigración, materias nas que o Estado ostenta "unha indelegable competencia exclusiva". Tal e como detallou o conselleiro, Galicia tamén requiriu que se aborde no encontro o "grave déficit das infraestruturas críticas", en referencia ao "sistema ferroviario nacional, o transporte público e as comunicacións". A estes aspectos engadiu o déficit de persoal sanitario e a financiación, co obxectivo de abordar tamén a reestruturación da débeda e a aprobación por Real Decreto Lei das entregas a conta.
O conselleiro incidiu en que confía en que "o Goberno acepte as peticións que facemos desde Galicia para que a celebración da Conferencia de Presidentes poida servir para tratar os asuntos que preocupan ás comunidades e que afectan ao día a día dos galegos e galegas". Diego Calvo lamentou a "improvisación" coa que foi convocada a Conferencia, unha actitude que, ao seu xuízo, responde "á estratexia do Goberno de Pedro Sánchez para tender unha cortina de fume e non dar respostas nin explicacións respecto dos escándalos que implican tanto ao seu Goberno como ao seu entorno".
"Agardamos que non fagan ir ás comunidades a Barcelona a perder o tempo e a dar unha sensación de normalidade que non existe porque nada pode ser normal cun Goberno que traspasou todas as liñas vermellas e non da explicacións aos españois", declarou.
Por último, Diego Calvo insistiu en que espera que a Conferencia "non sexa un monólogo, senón que haxa diálogo e debate e que se teñan en conta as posicións das comunidades", concluíu.