A Xunta inviste 375.000 euros na mellora dos departamentos de armadores de San Cibrao, en Cervo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro do Mar comprobou o desenvolvemento dos traballos iniciados esta semana e que permitirán mellorar a condición de traballo nos 10 locais de uso profesional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Cervo (Lugo), 23 de maio de 2025
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, inviste 375.000 euros nas obras de mellora dos departamentos de armadores do porto de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo. Así o confirmou esta mañá o conselleiro Alfonso Villares nunha visita aos traballos iniciados esta mesma semana.
O conselleiro, que estivo acompañado na súa visita polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que esta actuación permitirá o acondicionamento dos dez departamentos para uso profesional dos armadores que teñen base no porto de Cervo. Os locais distribúense en tres edificios nos que se pretende ademais mellorar a súa integración na contorna e reducir as necesidades de mantemento.
Para isto substituiranse as cubertas, baixantes e canalóns e pintaranse as fachadas entre outras melloras. As novas cubertas serán de panel sandwich ancoradas sobre correas de madeira tratada e renovarase a impermeabilización da parte superior dos soportais no fronte dos locais cara á rúa.
Finalmente conectaranse todos os departamentos á rede de saneamento existente e restauraranse os elementos de formigón armados que presentaban deficiencias. Con esta actuación preténdese minimizar tamén a presenza de humidades nos muros da envolvente dos edificios.