A Xunta participa no acto do Día da Policía Local na Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 26 de maio de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez, asistiron ao acto institucional con motivo da celebración do Día da Policía Local, que tivo lugar na Coruña.
No evento Belén do Campo participou na entrega de distincións e recoñecementos a membros do corpo da policía local, autonómica, nacional e da garda civil pola súa traxectoria profesional.
A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso co reforzo da seguridade cidadá e co apoio aos corpos policiais locais, actores esenciais na protección do benestar da sociedade galega.