Galicia e Euskadi comparten a súa experiencia no liderado da protonterapia no sistema público cunha visita ás obras do centro situado en Santiago

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Galicia tratará os primeiros pacientes oncolóxicos nun centro público de protonterapia no último trimestre de 2026
  • A Consellería de Sanidade xa seleccionou os catro primeiros profesionais do Centro de Protonterapia de Galicia para iniciar a súa formación especializada
  • O Goberno vasco e Galicia abordan as medidas que están a levar a cabo para a mellora e o control das incapacidades temporais, que en Galicia permitiron revisar, en dez meses, máis de 20.000 procesos e emitir a alta en máis de 13.600 casos
  • O conselleiro vasco interésase pola modificación da Lei de Saúde coa que Galicia reforzará a protección do persoal da sanidade fronte ás agresións e que inclúe medidas pioneiras
  • A delegación do Goberno vasco coñeceu ademais a Fundación Pública de Medicina Xenómica, entidade á vangarda da medicina personalizada

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o conselleiro de Saúde do Goberno vasco, Alberto Martínez, compartiron a súa experiencia como as comunidades autónomas que están a liderar a introdución da protonterapia na sanidade pública, tendo en conta que Galicia será a primeira comunidade en aplicar estes tratamentos, no último trimestre de 2026. 

Os dous conselleiros realizaron este mediodía unha visita ás obras do Centro de Protonterapia de Galicia, xunto ao director xeral de Planificación, Ordenación e Avaliacións Sanitarias do Goberno vasco, Gontzal Tamayo; o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada; e o xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio.

No seu percorrido puideron comprobar que os traballos no Centro de Protonterapia de Galicia xa acadan o 62 %. O proxecto da Xunta ten previsto recibir o ciclotrón de tratamento despois do verán e atender os primeiros pacientes oncolóxicos no último trimestre de 2026.

Mentres, xa foron seleccionados os seus catro primeiros profesionais para iniciar a súa formación de cara á posta en marcha do centro.

Por outro lado, o Goberno vasco e Galicia abordaron as medidas que están a levar a cabo para a mellora e o control das incapacidades temporais. Desde a posta en marcha por parte da Consellería de Sanidade dun plan especial en xuño de 2024, e ata marzo de 2025, revisáronse 20.254 procesos de baixa e emitiuse a alta de 13.684 persoas. Isto representa un 67 % dos casos avaliados.

Protección do persoal fronte a agresións

A delegación sanitaria do Goberno vasco tamén se interesou pola modificación da Lei de Saúde de Galicia, solicitando información ao respecto das medidas que se teñen previsto levar a cabo para facer fronte ás agresións o persoal do sistema sanitario público.

O anteproxecto de Lei, que neste momento está no trámite de información pública, está a ser consensuado cos distintos sectores profesionais implicados.

Gómez Caamaño compartiu novidades que incorpora a norma, como unha definición ampla da violencia no ámbito sanitario, recoñecendo tamén os feitos que teñan lugar fóra da xornada laboral cando estean relación co exercicio profesional.

O conselleiro de Sanidade trasladoulle ao seu homólogo vasco que Galicia será a primeira comunidade autónoma que recolla de forma expresa infraccións por agresións ao persoal de transporte sanitario e das emerxencias.

O texto normativo galego contempla medidas adicionais para o agresor, como o cambio de profesional asignado ou, en casos graves, a adscrición a outro centro.

No encontro de traballo, a delegación vasca interesouse pola xestión do dato e a dixitalización sanitaria que está a levar a cabo Galicia. Neste sentido, explicaron que Galicia está a desenvolver unha nova historia clínica electrónica máis interactiva e ferramentas de monitorización de pacientes, como o proxecto e-diabetes, que está a supoñer un avance moi significativo para o control desta patoloxía e para a calidade de vida dos pacientes.

Proxecto Xenoma Galicia

A delegación do Goberno vasco rematou a súa visita na Fundación Pública de Medicina Xenómica, situada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Esta entidade xestiona actualmente as peticións de estudos xenéticos de pacientes do Servizo Galego de Saúde, que o ano pasado chegaron a 38.000 estudos para o diagnóstico e seguimento de enfermidades raras e cancros hereditarios.

A fundación tamén colabora coa Consellería de Sanidade no Proxecto Xenoma Galicia, que suporá recadar datos xenéticos e clínicos de 400.000 persoas e crear un biobanco de mostras biolóxicas de 100.000.

Gómez Caamaño trasladou a relevancia a nivel mundial que terá este proxecto que inclúe a detección do risco de padecer cancro de mama e ovario hereditario, así como hipercolesterolemia familiar e síndrome de Lynch, síndrome asociada, entre outros, ao cancro de colon.

Despois de ter recollido mostras de sangue de 1.000 galegos en decembro, a fase piloto Proxecto Xenoma Galicia está agora inmersa na recollida de 1.000 mostras de saliva de persoas doutros concellos seleccionados.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/05/2025
1027969 {"title":"Galicia e Euskadi comparten a súa experiencia no liderado da protonterapia no sistema público cunha visita ás obras do centro situado en Santiago","published_date":"2025-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1714016\/20250523+Conselleiro+Sanidade+Congreso+Oncoloxia2.jpg","id":"1027969"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-23/1027969-galicia-e-euskadi-comparten-sua-experiencia-liderado-da-protonterapia-sistema-publico-cunha-visita-as-obras-do-centro-situado-santiago https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.