A Xunta ampliará os talleres de FP do IES de Curtis, o que eleva o investimento neste instituto a máis de 2 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o centro para presentar a nova actuación, que se licitará en xullo coa previsión de comezar a finais de ano
  • Esta intervención, cun investimento de 1,2 M€ por parte do Goberno autonómico, súmase á rehabilitación integral acometida en 2023 por case 1 M€
  • Construirase unha nova nave para talleres de mecánica de máis de 362 m² e  mellorarase a eficiencia enerxética e confort da existente, entre outras medidas
Imagen del artículo A Xunta ampliará os talleres de FP do IES de Curtis, o que eleva o investimento neste instituto a máis de 2 M€
Curtis (A Coruña), 23 de maio de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou hoxe o proxecto de ampliación e reforma do Instituto IES de Curtis, que a Xunta iniciará este ano cun investimento de 1,2 M€. Esta obra sumarase á rehabilitación integral acometida en 2023, na que tamén se investiu preto de 1 M€. Deste xeito, o Goberno galego está a dedicar máis de 2 M€ a mellorar este centro. 

O titular de Educación da Xunta, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, explicou que a nova intervención ten un dobre obxectivo: ampliar os espazos do centro para a FP, dando así oportunidades de futuro á mocidade da comarca, ao tempo que se mellora a eficiencia enerxética do edificio. "As obras enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta coa que estamos a modernizar as instalacións dos centros, adecuándoas ás necesidades do ensino do século XXI", salientou.

A previsión é licitar a obra en xullo e comezala no últimos trimestre do ano, unha vez completados os trámites administrativos. Ten un prazo de execución de 12 meses, polo que a previsión sería rematar a finais de 2026. Esta ampla intervención non é a única realizada pola Consellería en Curtis, que xa ten investidos 220.000 con colexio. 

Novos talleres de 363 m²

No que atinxe aos espazos de FP, demolerase a nave máis pequena de talleres de mecánica, situada ao fondo da parcela, para construír unha nova máis grande, de case 363 m², o que permitirá unha distribución máis axeitada e eficiente dos espazos, ademais de gañar altura. A envolvente do volume realizarase en dobre folla de ladrillo cerámico con illamento interior e completarase cun sistema de illamento térmico polo exterior, garantindo a integración co resto das edificacións e mellorando a eficiencia e o confort dos usuarios. As cubertas serán de panel metálico sándwich e policarbonato celular.

A nova nave estará anexa ao muro de contención de terras das pistas deportivas e accederase a ela mediante unha rampla de acceso na parte posterior, para aproveitar o espazo e mellorar así o fluxo circulatorio. Estará dotada de dous aseos e vestiarios adaptados, cabina de lacado, almacén e zona de taller. 

A maiores, rehabilitarase o outro taller de mecánica, situado a carón do resto dos edificios do centro. En concreto, colocaranse novas placas de falso teito de paneis sándwich, que melloran a seguridade e o illamento térmico e acústico, e colocaranse novas fiestras de aluminio en substitución dos lucernarios actuais, co que entrará máis luz natural. No exterior renovaranse as carpinterías e colocarase un sistema de illamento térmico. 

Case 600 novas luminarias e cambio das caldeiras

A obra completarase con diversas intervencións no edificio principal como a substitución da iluminación convencional por 598 unidades LED en prol do aforro enerxético e dun mellor control da súa intensidade en función das necesidades de cada espazo. Tamén se reconfigurarán espazos na terceira planta para crear unha nova aula de plástica.

A maiores, cambiaranse as caldeiras de gasóleo por unhas de biomasa, reducindo a pegada ecolóxica do centro. Instalaranse no almacén existente no extremo esquerdo do edificio, adaptando a súa estrutura, e abastecerán o edificio principal, os talleres e o ximnasio cun sistema de calefacción centralizado e eficiente.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/05/2025
1027921 {"title":"A Xunta ampliará os talleres de FP do IES de Curtis, o que eleva o investimento neste instituto a máis de 2 M€","published_date":"2025-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1027921"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-23/1027921-xunta-ampliara-os-talleres-fp-do-ies-curtis-eleva-investimento-neste-instituto-mais-2-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.