A sanidade pública galega conta hoxe co dobre de profesionais de saúde mental que en 2009 e porá en marcha este ano a rede de psicoloxía clínica en atención primaria

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A media diaria de profesionais da saúde mental en 2009 era de 285, mentres que en 2024 esta cifra aumentou ata os 557, o que representa un incremento do 95,4 %
  • A Xunta reforzará os servizos de saúde mental de atención primaria co obxectivo de acadar os 50 psicólogos clínicos no ano 2030
  • Neste 2025 a Xunta contratará 14 novos psicólogos clínicos, que se engadirán aos 7 profesionais que actualmente desempeñan o seu labor en atención primaria
  • O Servizo Galego de Saúde xa traballa nun novo Plan de Saúde Mental e constituíu o grupo de traballo que definirá o novo modelo asistencial e a súa carteira de servizos
  • Alfredo Silva subliña o incremento de profesionais, de unidades especializadas e de programas que rexistrou a Sanidade pública galega nos últimos anos, así como o éxito do Plan de Saúde Mental 2020-2024
Imagen del artículo A sanidade pública galega conta hoxe co dobre de profesionais de saúde mental que en 2009 e porá en marcha este ano a rede de psicoloxía clínica en atención primaria
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia que a Xunta porá en marcha este ano a Rede de Psicoloxía Clínica en atención primaria, unha medida que posibilitará a contratación de 14 novos psicólogos clínicos que se engaden aos 7 profesionais deste ámbito sanitario que actualmente desempeñan o seu labor nos centros de saúde galegos.

O director xeral remarcou que o obxectivo do Goberno galego é acadar a cifra dos 50 psicólogos clínicos no ano 2030.

Segundo explicou Silva, a sanidade pública galega conta hoxe en día con case o dobre de profesionais da saúde mental que no ano 2009. Explicou que a media diaria de profesionais deste ámbito en 2009 era de 285, mentres que en 2024 esta cifra se incrementou ata os 557, o que supón un incremento do 95,4 %.

Referiu que en 2024 se atenderon 477.471 consultas relacionadas coa saúde mental", o que supón case 250.000 máis que en 2009.

No marco da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, Silva incidiu no compromiso da Xunta coa saúde mental da poboación galega. Así, lembrou que a primeira medida adoptada nesta lexislatura foi a creación Subdirección Xeral específica para optimizar este ámbito sanitario.

O Servizo Galego de Saúde está a deseñar un novo Plan de Saúde Mental de cara á planificación dos vindeiros anos. Así, segundo detallou o director xeral de Asistencia Sanitaria, este mesmo martes un grupo de traballo multidisciplinar comezou a traballar na definición dun novo modelo asistencial e na carteira de servizos que desenvolverá.

Alfredo Silva apuntou que entre as medidas nas que traballa o departamento sanitario galego se atopa o aumento da idade psiquiátrica infanto-xuvenil ata os 18 anos ou a creación dun programa de transición á idade adulta.

Nesta liña, avogou pola continuidade dos programas postos en marcha durante os últimos anos que inciden no coidado da saúde mental desde a xuventude, en alusión ao Proxecto YAM e ao Protocolo de prevención da conduta suicida que desenvolven conxuntamente as consellerías de Sanidade e de Educación e que posibilitan contar cunha vía rápida de atención aos menores.

Por último, incidiu en que o Goberno galego está a poñer todo da súa parte para integrar no Servizo Galego de Saúde as Unidades de Atención ás Drogodependencias, actualmente de titularidade municipal.

"A sanidade pública galega conta con case o dobre de profesionais de saúde mental que no 2009, con novas unidades especializadas e con novos programas asistenciais", concluíu o director xeral de Asistencia Sanitaria.

Éxito do Plan de Saúde Mental 2020-2024

Durante a súa intervención, Alfredo Silva detallou algúns dos obxectivos acadados co Plan de Saúde Mental 2020-2024. Trátase dun plan que estaba dotado cun investimento de 83 millóns de euros e que posibilitou a creación de 244 prazas nas diferentes especialidades da saúde mental.

En concreto, creáronse 47 prazas de psicólogo clínico (cunha cobertura do 100 %) e 60 prazas de psiquiatría das que, soamente unha delas no se logrou cubrir, até o de agora.

O director xeral remarcou que en comparación co ano 2009 a rede sanitaria pública galega incremento a media diaria de facultativos especialista en psicoloxía nun 73,9 % e en máis dun 21 % o número de psiquiatras.

Alfredo Silva remarcou que o compromiso da Xunta coa saúde mental non se limitou a incorporación de máis persoal, senón que tamén supuxo a creación de novas unidades especializadas como as de Ordes, Tui, Oleiros ou Ponteareas; a posta en marcha de 7 unidades de prevención intensivas do suicidio (unha por área); ou a dotación de hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil nas sete área sanitarias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/05/2025
1027303 {"title":"A sanidade pública galega conta hoxe co dobre de profesionais de saúde mental que en 2009 e porá en marcha este ano a rede de psicoloxía clínica en atención primaria","published_date":"2025-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182144-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1027303"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-22/1027303-sanidade-publica-galega-conta-hoxe-co-dobre-profesionais-saude-mental-2009-e-pora-marcha-ano-rede-psicoloxia-clinica-atencion-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.