A Xunta reivindica o seu compromiso coa inclusión nunha nova edición de Sportur centrada nas actividades deportivas adaptadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración da VIII edición do Salón do Deporte e Turismo Activo 'Sportur Galicia'
- Diego Calvo destacou o momento de esplendor que está a vivir o deporte adaptado en Galicia como se demostrou cos éxitos galegos nos Xogos Paralímpicos de París

Ourense, 22 de maio de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na xornada de apertura da VIII edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia. Esta edición está centrada na inclusión, co obxectivo de promover o deporte como canle de superación, integración e transmisión de valores.
O conselleiro destacou que eventos como Sportur son fundamentais para divulgar a "excelencia do sacrificio, da entrega, do traballo e da resiliencia" do deporte galego e incidiu na aposta da Xunta por un deporte plural, diverso, igualador, motor de cambio social e axente económico determinante.
Diego Calvo destacou, asemade, o "momento de esplendor" que está a vivir o deporte adaptado en Galicia, que conta con 46 deportistas de alto nivel con diversidade funcional, así como os éxitos acadados nos Xogos Paralímpicos de París onde oito de cada dez deportistas galegos, dos 14 representantes, regresaron entre os oito mellores do mundo.
Compromiso a todos os niveis
O apoio da Xunta polo deporte adaptado vai dende os máis novos, coa promoción de múltiples competicións deportivas en diferentes disciplinas inclusivas a través do programa Xogade; pasando polo deporte federado, co apoio directo á Federación Galega de Deporte Adaptado e a dotación de equipamento deportivo adaptado cunha orde específica en 2023; ou o investimento de 1,4 millóns de euros en accesibilidade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Cómpre salientar, ademais, que no ano 2004 Galicia foi pioneira no trato igualitario para deportistas con diversidade funcional nas bolsas de alto nivel.
Sportur Galicia e Congreso Internacional
As instalacións deportivas de Expourense acollerán ata este sábado multitude de actividades, nun espazo que compartirán clubs e asociacións dunha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociación de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión.
Este ano, Xunta e Expourense decidiron dividir en dous eventos separados o Salón do Deporte e Turismo Activo e o Congreso Internacional de Turismo e Deporte que ata o ano pasado celebrábanse de xeito conxunto no mes de decembro. Deste xeito, aproveitarase mellor cada iniciativa que cada ano atraen a milleiros de visitantes.
En pasadas edicións, Sportur reuniu en Expourense entidades de Galicia, España e Portugal, ademais doutros actores internacionais como Arxentina; achegando centenares de actividades a unha media de 10.000 visitantes ao ano.