Medio Rural salienta o valor emerxente do cultivo da oliveira en Galicia nunha cata de aceites en Sanxenxo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sanxenxo (Pontevedra), 22 de maio de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na Cata e degustación de aceites de oliveira virxe extra (Aove), organizada polo Obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés Hostalería do Salnés.
Neste acto, que tivo lugar nas instalacións do Obradoiro en Sanxenxo, o director xeral destacou a importancia da diversificación de cultivos no agro galego e o carácter emerxente que ten o da oliveira na nosa comunidade. Así mesmo, puxo en valor a formación dos profesionais neste eido e as sinerxías existentes entre as producións agroalimentarias e a hostalería, que favorecen o desenvolvemento do rural galego.