Ribadeo acollerá do 20 ao 25 de xullo un Campus Internacional de Baloncesto co apoio da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da primeira edición desta iniciativa, que se enmarca nun proxecto impulsado polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA Payton Pritchard
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribadeo (Lugo), 22 de maio de 2025
A Xunta apoia a primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto 'Sublime' de Ribadeo, que se celebrará do 20 ao 25 de xullo nas instalacións do pavillón municipal. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da actividade xunto ao alcalde ribadense, Daniel Vega, e representantes da organización.
O campus contará cun equipo internacional de primeiro nivel, que enfocará os adestramentos a ensinar as mellores técnicas do baloncesto europeo e americano. Está aberto a deportistas nacidos entre os anos 2007 e 2013.
A iniciativa enmárcase nun proxecto impulsado conxuntamente polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA cos Boston Celtics Payton Pritchard. A actividade terá un director europeo e outro estadounidense, que serán Josep María Raventós e Casey Trujeque, respectivamente.
Durante os días de duración do campus haberá adestramentos, competicións, charlas e sesións divulgativas sobre aspectos importantes como a psicoloxía e a alimentación, ademais doutras actividades complementarias.
Javier Arias destacou a importancia de fomentar a participación da mocidade "neste tipo de iniciativas que fomentan o deporte, o traballo en equipo e o intercambio cultural entre os asistentes".
Subliñou que esta acción vai en liña "co traballo que desenvolve a Xunta para promover o deporte de base e o ocio saudable entre a xente nova". Referiuse a algúns dos programas máis destacados, como o plan de deporte escolar Xogade ou a campaña de campamentos e actividades de verán. Esta última ofrece en 2025 unha cifra récord: 11.650 prazas repartidas por instalacións de todas as provincias galegas para a mocidade entre 9 e 30 anos.