A Xunta ultima os traballos para iniciar o próximo luns o traslado do Rexistro Civil de Vigo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse coa Xunta de Persoal de funcionarios de xustiza da cidade para abordar os detalles do traslado desde o edificio dos antigos xulgados na rúa Lalín á rúa San Sebastián
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 22 de maio de 2025
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse coa Xunta de Persoal de funcionarios de xustiza da cidade nas novas instalacións ás que se trasladará o Rexistro Civil de Vigo. No encontro explicoulles que o traslado á nova ubicación desde o edificio dos antigos xulgados na rúa Lalín realizarase o vindeiro luns, 26 de maio.
Ademais de trasladar o persoal tamén se moverá a documentación relevante do arquivo do Rexistro Civil, polo que para facelo coas medidas de seguridade requiridas precísanse tres días. José Tronchoni aclaroulle á Xunta de Persoal que, durante esas xornadas non se verán afectadas as certificacións urxentes nin a axenda de sinalamentos para a celebración das vodas.
Cómpre lembrar que a Xunta investiu case 240.000 euros na transformación e reorganización dos espazos do Rexistro Civil na rúa San Sebastián e na habilitación do local da sala de vodas, situado nun anexo na rúa Abeleira Menéndez. No que se refire ao Rexistro Civil redistribuíronse espazos das plantas baixa e primeira, e renováronse os sistemas de climatización, ventilación e iluminación. A maiores, no soto habilitáronse dependencias para despachos e instalouse mobiliario para 17 postos de funcionarios, ademais de colocar estantes rodantes para documentación.
Lei de eficiencia xudicial
Por outra parte, na xornada de hoxe o director xeral de Xustiza tamén visitou os xulgados de Cangas, onde abordou cos funcionarios e letrados da Administración de Xustiza a implantación da nova oficina xudicial. A oficina xudicial de Cangas enmarcase na primeira fase de implantación da lei estatal de eficiencia xudicial que prevé a súa posta en marcha en 38 órganos xudiciais galegos para o 1 de xullo. No caso de Cangas trátase do modelo 1 de organización integrada, en exclusiva, por un servizo común de tramitación, que asumirá a totalidade dos servizos procesuais e administrativos, tal e como se recolleu no Diario Oficial de Galicia.
José Tronchoni explicou, en base a esta resolución, que as oficinas xudiciais deben coordinarse coas oficinas de xustiza dos municipios para a adecuada práctica dos actos de comunicación e posibilitarán a intervención de residentes no municipio por videoconferencia e os demais servizos encomendados a esas oficinas. Nesta liña, o director xeral de Xustiza anunciou que na oficina xudicial de Cangas realizarase unha proba piloto desta conexión coa oficina de xustiza do municipio de Moaña.