'GALICIA SABE AMAR' patrocina o último partido de liga que disputará o CB Breogán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este apoio encádrase no firme compromiso que o Goberno galego ten co sector marítimo-pesqueiro, que ofrece produtos de alto valor proteico e cuxo consumo favorece o rendemento deportivo
- O encontro desenvolverase este domingo en Lugo e contará coa asistencia do conselleiro do Mar, Alfonso Villares
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 21 de maio de 2025
A Consellería do Mar estará presente este domingo no partido que disputarán o CB Breogán e o CB Gran Canaria, no Pazo dos Deportes, no marco da campaña GALICIA SABE AMAR. Así o revelou este mércores, o responsable deste departamento, Alfonso Villares, no transcurso dunha rolda de prensa, na que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Elena Candia, os directores xeral e deportivo do club lucense, Salva Arco e Tito Díaz, respectivamente, ademais de varios xogadores do mesmo.
Segundo explicou Villares, este apoio, que coincide co último encontro de liga do club celeste, forma parte do firme compromiso que o Goberno galego ten con todas aquelas iniciativas que contribúen a por en valor o sector marítimo-pesqueiro, sexa do ámbito que sexan. E o deportivo, non é alleo, pois alimentación e deporte forman unha relación beneficiosa para a saúde e o rendemento, contribuíndo en paralelo a impulsar a economía de proximidade.
Apoio constante
A colaboración da Consellería do Mar co equipo que adestra Luis Casimiro desde 2024, vense mantendo nos últimos meses. O pasado setembro, o propio Villares recibía da man dos xogadores unha camiseta do torneo internacional de verán, en sinal de agradecemento a esta cooperación. O agasallo, tal e como revelou o conselleiro mariñán, atópase encadrado e exposto nunha das salas deste departamento.
O CB Breogán conta cunha dimensión deportiva e social que o fan referente no deportivo, pero tamén no social. Vén de cumprir 55 anos de historia e hoxe é un dos elementos que identifican a toda a unha provincia e, por extensión, á comunidade. Unha realidade que comparte co litoral galego e toda a actividade que este leva aparellada.
Así, o club celeste ten a honra de ser un dos equipos con máis partidos disputados na principal liga profesional do baloncesto español, polo que para a Consellería, afirmou Villares, é un orgullo que este domingo o Breogán e Lugo saiban a mar.
O encontro desenvolverase a partires das 17:00 horas, no Pazo dos Deportes, e contará coa asistencia do propio Alfonso Villares e do delegado territorial do Goberno galego nesta provincia.