A Xunta completa o trámite de solicitude formal para a inscrición da Folla Redonda como variedade comercial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, avanzou hoxe en Ribadumia que o seu departamento xa trasladou esta petición ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  • Puxo esta actuación como exemplo da colaboración técnica e económica que o Goberno galego presta ao sector vitivinícola e que se plasma en diferentes medidas de fomento e promoción, así como na investigación e a transferencia de coñecemento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ribadumia (Pontevedra), 21 de maio de 2025

A Consellería do Medio Rural completou o trámite da solicitude formal da inscrición da Folla Redonda como variedade vitivinícola comercial e entregou o material vexetal requirido para que desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación se inicien os ensaios oficiais concluíntes para o seu correspondente rexistro.

Así o trasladou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na súa visita á Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, na que estivo acompañada polo director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo alcalde da localidade, David Castro.

Neste sentido, por parte desta Estación experimental xa se completou a caracterización xenética e realizouse ademais a avaliación sanitaria do material vexetal desta caste, o que permitiu completar o procedemento de solicitude formal. En todo caso, cómpre advertir tamén que o proceso de inscrición é longo, xa que cómpre ter en conta que as avaliacións oficiais requiren un mínimo de tres ciclos vexetativos, polo que é preciso agardar un período mínimo de tres ou catro anos para a obtención do informe final.

María José Gómez explicou que este é un proceso "complexo, no que participamos a Xunta e o Ministerio e despois participará a Unión Europea, e agardamos que dea os seus froitos". Considerou ademais "de xustiza" que esta variedade se recoñeza e comprometeuse a seguir traballando "para que o antes posible chegue ese recoñecemento".

A conselleira enmarcou estes traballos no apoio que se presta ao sector por parte da Xunta a través desta estación experimental, en eidos como os da investigación e a transferencia de coñecemento. Asemade, a titular de Medio Rural reiterou o compromiso xeral do Goberno galego con este ámbito produtivo clave do noso rural, que se plasma en diferentes medidas de fomento e promoción.

Axudas ao sector do viño

Nesta liña, cabe sinalar as axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo, dotadas na última convocatoria (publicada recentemente) con 4 millóns de euros; as achegas para a promoción do viño galego en mercados de terceiros países, que este ano contan cun orzamento de 1,7 millóns ou as subvencións destinadas a apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, que supoñen un montante total de 4,5 millóns.

A maiores, cómpre salientar que a Xunta dispón dunha planificación creada de xeito específico para este ámbito produtivo, como é a Estratexia de dinamización territorial e turística das comarcas vitivinícolas, elaborada da man do sector para potenciar ao máximo a inmensa riqueza que representa o viño para a nosa comunidade, remarcou.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/05/2025
1026405 {"title":"A Xunta completa o trámite de solicitude formal para a inscrición da Folla Redonda como variedade comercial","published_date":"2025-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/181790-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1026405"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-21/1026405-xunta-completa-tramite-solicitude-formal-inscricion-da-folla-redonda-como-variedade-comercial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.