A Xunta lamenta a falta dunha explicación oficial por parte do Goberno central sobre o apagamento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento, onde destacou o labor de coordinación desenvolvido en Galicia e do Goberno galego na toma de decisións, na análise do acontecido e no deseño de novas medidas de resposta
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lamentou hoxe no Parlamento a falta dunha explicación oficial por parte do Goberno central, case un mes despois, das causas do apagamento acontecido o 28 de abril, así como de garantías de que non se repita. Fronte a este silencio, destacou o labor de coordinación desenvolvido en Galicia e do Goberno galego, desde a activación do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) só 30 minutos despois do apagamento ata o deseño dunha trintena de medidas para asegurar o mantemento dos servizos básicos se volvese haber unha situación deste tipo.
Esta batería de actuacións vai permitir dispoñer de protocolos específicos para este tipo de alertas nos ámbitos escolar e asistencial, mellorar a autonomía enerxética e potenciar a interconexión dos diferentes servizos de seguridade e emerxencia, ademais de reforzar o uso de comunicacións vía satélite. Nesta liña, incídese na demanda ao Goberno central para a recuperación da presenza estable da Unidade Militar de Emerxencias en Galicia.
Outra das medidas solicitadas ao Estado céntranse no impulso á redundancia de operadores de telefonía que dean servizo ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112-Galicia para que non dependan dun único operador. Así mesmo, reitérase a necesidade da integración física da Policía Nacional e da Garda Civil nas instalacións do 112 para unha mellor coordinación na xestión das emerxencias, tal e como vén demandando a Xunta, e da interconexión dos equipos de comunicación dos corpos e forzas de seguridade con rede de comunicacións de emerxencias de Galicia Resgal.
Cómpre destacar tamén as comparecencias do presidente Alfonso Rueda para informar da situación á cidadanía e das decisións adoptadas. A maiores, nas reunións posteriores do Consello da Xunta, fíxose un labor de análise do acontecido e de balance de actuacións. Pola súa banda, o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, compareceu sen aclarar nada e, unicamente, para dicir que se tardará moito tempo en saber que pasou.
Para Diego Calvo, o acontecido é unha "vergoña nacional", xa que ademais o Goberno central non fixo caso dos numerosos avisos sobre a inestabilidade do sistema eléctrico.