As familias galegas poderán matricular os seus fillos para o vindeiro curso a través do teléfono móbil

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación anuncia no Parlamento a habilitación deste novo sistema que facilitará o proceso e reducirá a carga de traballo nos centros educativos
  • Esta é unha das medidas de redución da burocracia para avanzar no Acordo de mellora do sistema educativo que se suma á redución das rateos, entre outras

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

As familias galegas poderán formalizar a matrícula escolar dos seus fillos en colexios e institutos para o próximo curso 2025-26 a través do teléfono móbil, tal e como anunciou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades, e FP, Román Rodríguez, no Pleno do Parlamento de Galicia.

Segundo explicou o conselleiro, a habilitación deste novo sistema por parte da Xunta, que será presentada proximamente, operará para todas as etapas desde Infantil ata Bacharelato e Formación Profesional. Suporá "un avance" tanto para as familias como para os centros educativos ao dispoñer dunha nova fórmula que convivirá cos trámites en papel para aqueles que así o desexen.

Cómpre lembrar que o prazo de matrícula nos centros escolares para o vindeiro curso é do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Esta nova acción forma parte do paquete de medidas de redución da burocracia, un obxectivo recollido no Acordo de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais. En concreto, contribuirá de xeito significativo a reducir a carga de traballo dos centros e facilitar a súa xestión interna.

Modernización progresiva do ensino

Na súa intervención na sesión plenaria, Román Rodríguez referiuse a aplicación do mencionado acordo, cuxo cumprimento quedou blindado con rango de lei, como "o máis firme compromiso" da Xunta para acometer "o que xa é a maior transformación educativa de Galicia dos últimos anos". Un acordo que se desenvolve de xeito progresivo e que ten efectos "inmediatos e tamén unha visión a medio prazo", xa que establece as bases organizativas do ensino galego para a próxima década e "está salvando a estrutura territorial pese á perda de alumnado", abondou.

De feito, fronte á inacción do Goberno do Estado, que aprobou unha nova lei educativa na que non se modificaron as rateos por aula, Galicia implantou a rebaixa de 25 a 20 o número de alumnos por aula que xa comezou a operar este ano para 4º de Infantil e que se irá ampliando progresivamente curso a curso. E igualmente novidosa é a ponderación do alumnado con necesidades especiais, contabilizando por dous ou por tres a efectos de rateo, algo único en España.

Román Rodríguez tamén puxo en valor os agrupamentos de aulas no rural ou a preservación de 900 unidades que sen o acordo terían que pechar, blindado así os servizos educativos nas zonas do territorio máis despoboadas. Outras melloras introducidas atinxen ás condicións do profesorado, cunha subida salarial que se traduce nun investimento de 30M€, así como a redución do horario lectivo do profesores de Infantil e Primaria de maneira que dispoñan de máis tempo para preparar as clases e outras tarefas que redunden no beneficio da atención ao alumnado.

Fronte ás críticas da oposición, o conselleiro explicou que as políticas aplicadas nos últimos anos sitúan a Galicia no grupo de cabeza de España de comunidades que máis invisten por alumno, cun montante de 8.075€ (1.000 euros máis ca media estatal),  cunha das mellores rateos, de 9,8 alumnos por profesor fronte aos 11,4 estatais e como a máis inclusiva do Estado co 93,3% dos alumnos con necesidades escolarizados en centros ordinarios grazas aos máis de 5.000 profesionais de atención á diversidade, o dobre que en 2009.

Na súa intervención parlamentaria tamén puxo en valor o esforzo e o compromiso do profesorado galego que, grazas ao seu traballo nas aulas, en Galicia a educación non se percibe coma un problema, senón coma "unha plataforma para formar aos galegos de hoxe para que o día de mañá teñan máis oportunidades persoais e profesionais".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/05/2025
1026396 {"title":"As familias galegas poderán matricular os seus fillos para o vindeiro curso a través do teléfono móbil","published_date":"2025-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/181784-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1026396"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-21/1026396-as-familias-galegas-poderan-matricular-os-seus-fillos-vindeiro-curso-traves-do-telefono-mobil https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.