Medio Rural e Bodegas Martín Códax afondan na súa colaboración a prol do sector vitivinícola galego nos eidos da produción, comercialización e promoción
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión con representantes de Bodegas Martín Códax, adega que forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas. O encontro serviu para afondar en vías de colaboración a prol do sector vitivinícola galego nos eidos da produción, comercialización e promoción.
A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco D.O. coas que conta Galicia. No pasado ano chegou a unha superficie inscrita de 4.640 hectáreas, preto de 5.000 viticultores e case 180 industrias. Ademais, no 2024 acadou un valor económico superior aos 233 millóns de euros.