Lete informa ao Congreso das medidas tomadas en Galicia en prol da carreira dual e da protección social dos deportistas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral para o Deporte reivindicou o modelo galego con fitos como a Oficina de Atención ao Deportista durante a súa participación na subcomisión que ten como obxectivo á creación do futuro Estatuto do Deportista

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Madrid, 20 de maio de 2025

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na subcomisión do Estatuto do Deportista no Congreso dos Deputados, onde reivindicou as medidas tomadas pola Xunta en prol da carreira dual e da protección social dos deportistas co propósito de que as experiencias de éxito levadas a cabo na comunidade poidan inspirar á norma estatal que regulará os dereitos e deberes laborais dos deportistas do país.

O mandatario galego destacou algunhas actuacións dirixidas aos 1.500 deportistas galegos de alto nivel recoñecidos como a Oficina de Atención ao Deportista que, en 2024, asinou un convenio coas tres universidades galegas para compatibilizar os estudos co adestramento e a práctica deportiva. Ademais, a Xunta forma parte dunha rede de investigación nacional que traballa para a creación dun modelo de mentoría para estudantes deportistas que permita compaxinar a súa carreira deportiva cos seus estudos. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou tamén coa Confederación de Empresarios de Galicia e coa Consellería de Emprego da Xunta senllos convenios para favorecer a inserción laboral dos DGAN así como para desenvolver medidas de apoio ao emprego, ao autoemprego e ao laboral.

Segundo Lete Lasa, "a carreira dual debe estar no corazón do futuro Estatuto do deportista, respondendo á necesidade de que os deportistas desenvolvan con éxito unha carreira deportiva como parte dunha traxectoria profesional, en combinación coa formación e o traballo, así como outros ámbitos importantes en diferentes etapas da vida".

No que atinxe á protección social dos deportistas, Lete Lasa apuntou cara a obriga da cotización á Seguridade Social de todos os deportistas autónomos ou profesionais, así como a obriga ds clubs, federacións ou entidades deportivas de proceder á necesaria contratación, garantíndose unha protección social integral para os deportistas onde se contemplen as prestacións por cesamento de actividade, xubilación, incapacidade... Neste sentido sinalou o posible establecemento de bonificacións e reducións para o contrato indefinido ou temporal dirixidos a ámbitos e colectivos específicos entre os que se puidese contemplar aos deportistas como unha solución para a situación laboral de moitos dos deportistas.

O deporte, dixo, "é un indubidable motor social, cultural e económico do noso país e a nosa responsabilidade é a de dotarlles dunhas garantías que lles permitan seguir desenvolvéndose para o mellor e maior progreso do conxunto da sociedade".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/05/2025
1024906 {"title":"Lete informa ao Congreso das medidas tomadas en Galicia en prol da carreira dual e da protección social dos deportistas","published_date":"2025-05-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/181392-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1024906"} galicia Secretaría Xeral para o Deporte ; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-20/1024906-lete-informa-ao-congreso-das-medidas-tomadas-galicia-prol-da-carreira-dual-e-da-proteccion-social-dos-deportistas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.