`El Secreto de la Perfección´, a última obra de Lola Fernández, chega á Casa de Galicia en Madrid
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A representación institucional da Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coa promoción da cultura galega acollendo esta nova proposta narrativa

Madrid, 19 de maio de 2025
A Sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da obra El secreto de la Perfección, a nova novela da xornalista e escritora galega Lola Fernández Pazos. O acto contou coa participación de Javier García Vila, director da axencia Europa Press.
O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presidiu o evento e subliñou a vinculación da obra con Galicia, sinalando que "con El Secreto de la Perfección, Lola sitúanos en Bueu, en Cangas, pero tamén aquí, en Madrid e en Uruguai, un dos destinos da emigración galega". Ademais apuntou que "a novela achéganos á realidade dos anos vinte e introdúcenos nunha conserveira hoxe convertida en museo, integrada na rede de museo da Xunta de Galicia".
A novela narra a historia de Lúa Cid, unha muller que, tras contraer matrimonio cun xornalista uruguaio, comeza a ter inquietantes soños que a levan a descubrir un secreto familiar oculto durante xeracións. A súa investigación condúcea aos anos vinte do século pasado e á vida de Elvira Fandiño, unha moza galega empregada na conserveira A Perfección de Bueu, que soñaba cun futuro mellor alén do Atlántico. A través destas dúas protagonistas, separadas por un século e por un océano, a autora constrúe un relato no que se entrelazan memoria, identidade e emoción.
A presentación tivo lugar no marco da exposición fotográfica A Vía da Prata, actualmente aberta ao público na sede da Casa de Galicia. Ramos aproveitou a ocasión para convidar os asistentes a continuar participando nas actividades da Casa de Galicia e a descubrir Galicia a través da súa diversidade patrimonial, histórica e creativa.