A Sociedade de Pediatría de Galicia asesorará e formará á comunidade educativa en materia de benestar dixital
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación e a presidenta desta asociación médica asinan un acordo para levar a cabo accións deste tipo entre o profesorado e as familias
- O acordo enmárcase no traballo en marcha para o deseño dun Plan de benestar dixital que aproveite o mellor das tecnoloxías e minimice os seus riscos de uso
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a presidenta da Sociedade Galega de Pediatría, Susana Rey, asinaron hoxe un acordo para impulsar accións de asesoramento e formación da comunidade educativa en materia de benestar dixital.
Ao abeiro deste convenio de colaboración, os profesionais e expertos da entidade pediátrica prestarán asesoramento en materia de benestar dixital, o que permitirá potenciar a educación en saúde sobre os efectos do uso dos dispositivos dixitais, atendendo especialmente á saúde mental, física e social do alumnado galego.
Neste senso, o titular de Educación, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliñou a importancia de contar con "expertos nesta materia" co fin ser capaces de dar unha resposta "baseada en evidencias científicas" ante o importante reto de "aproveitar as potencialidades das novas tecnoloxías e o mellor que estas ofrecen, ao tempo que minimizar os seus riscos de uso".
Con esta finalidade, a Consellería de Educación tamén contará cos profesionais da asociación para impartir formación especializada aos docentes a través das actividades programadas pola Rede de formación permanente do profesorado. Así mesmo, tamén ofrecerán información a colectivos específicos, especialmente ás escolas de nais e pais.
Aposta por un ensino híbrido
Este acordo enmárcase dentro do traballo posto en marcha pola Consellería con expertos dos eidos da pedagoxía, a medicina, a psicoloxía e a tecnoloxía para a elaboración do futuro Plan de benestar dixital, co fin de artellar un documento rigoroso e solvente nesta materia. O obxectivo é impulsar o uso responsable da tecnoloxía e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais para garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia, traballar na mellora do rendemento escolar e procurar un emprego equilibrado a prol dun ensino híbrido, onde convivan en equilibrio o modelo tradicional e o dixital.