A Xunta inviste 180.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados nos portos de Ribeira e a Pobra do Caramiñal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As obras que se executarán nesta semana permitirán dotar de novos firmes as explanadas e viarios de ambos peiraos así como repintar a sinalización horizontal
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, inviste 180.000 na renovación de pavimentos esgotados nos portos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, na Coruña. As obras atópanse en execución esta semana e permitirán dotar de novos firmes as explanadas e os viarios que presentaban necesidades en ambos portos, así como repintar a sinalización horizontal.
Ambas actuacións enmárcanse nun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados. No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas.
Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón que transitan pola zona.
En concreto, no porto de Ribeira executarase un novo pavimento en varias zonas do peirao, o aparcadoiro da lonxa, o paseo das Carolinas e a avenida do Malecón. O orzamento total desta actuación é de 140.000 euros.
Polo que respecta á Pobra do Caramiñal, os traballos realízanse na rúa Fernández Varela, entre a rúa da Paz e a Rúa Anxo Rei Ballesteros, no acceso aos peiraos do club náutico e no peirao pesqueiro. O orzamento será de 40.000 euros e incluirá a posta a conta de tapas e rexillas de sumidoiro e reposición de marcas viarias.