Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial de Ferrol informou da nova convocatoria do programa EBici durante unha visita ao establecemento Ciclos Roca, adherido a esta iniciativa da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- A orde está dotada con 1,7 M€ e os apoios poderán solicitarse ata o 13 de novembro de 2026 ou ata que se esgote o crédito

Ferrol, 20 de maio de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, animou esta mañá aos veciños de Ferrolterra a solicitar as axudas da Xunta para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas convocadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. A representante autonómica, acompañada da directora territorial, Mar Ferreiro, informou do programa EBici durante unha visita ao establecemento Ciclos Roca, un dos negocios da zona adheridos a esta iniciativa coa que se pretende promover unha mobilidade alternativa.
Aneiros incidiu en que, esta convocatoria coa que tamén se pretenden dinamizar as compras no comercio de proximidade, conta cun orzamento de 1,7M€ distribuídos en dúas anualidades: 1 M€ para 2025 e 700.000 euros para 2026.
Tal e como explicou estas axudas cobren ata o 50% do custo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral. Sen embargo, as familias numerosas teñen máis vantaxes xa que os incentivos cobren o 60%, cunha aportación tope de 600 euros; e para as de categoría especial, os descontos elévanse ata un máximo de 700€, cubrindo ata un 70% do custo. Ademais as persoas con mobilidade reducida tamén poden acceder a un desconto de ata o 70% do custo da bicicleta de man híbrida ou eléctrica para cadeira de rodas, cunha achega de ata 700 euros.
A delegada territorial recordou que son os propios negocios os encargados de tramitar as axudas e que a listaxe de adheridos pode consultarse na ligazón do programa EBici. Os propietarios de establecementos teñen de prazo ata o 31 de agosto de 2026 para sumarse á iniciativa, mentres que as axudas poden solicitarse ata o 13 de novembro de 2026 ou ata que se esgote o crédito.
"Con estas axudas que vimos convocando desde o ano 2022, a Xunta busca incentivar que os cidadáns realicen os seus desprazamentos cotiáns de curta distancia en bicicleta, especialmente nas contornas urbanas", explicou a delegada territorial, "de forma que se fomente unha mobilidade máis saudable á vez que se axuda a desconxestionar o tráfico das cidades, reducindo a consecuencia da contaminación ambiental e acústica".
Desde o seu inicio ata o peche da última convocatoria en novembro de 204, o Goberno galego destinou preto de 2,7 M€ ao programa EBici cos que se logrou mobilizar arredor de 8M€ en total.