Medio Rural destaca a Feira de Ano e Festa de San Isidro de Paradela como escaparate do sector primario galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A titular deste departamento asistiu esta mañá a este evento, que conta cunha feira de gando e de maquinaria agrícola
  • Destacou a aposta do Executivo autonómico para impulsar este eido e referiuse ás liñas de achegas para os plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores
  • Lembrou tamén as achegas para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que este ano conta cun orzamento de 2,64 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Paradela (Lugo), 18 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu esta mañá á XXXIV edición da Feira de Ano e Festa de San Isidro que se celebra ao longo do día de hoxe na localidade lucense de Paradela. Gómez destacou este evento como un escaparate para todas aquelas persoas interesadas no sector primario, tanto para aquelas que teñan vontade de involucrarse nel como para quen teña o obxectivo de melloralo; xa que a cita conta cunha feira de gando e de maquinaria agrícola.

Así, sinalou a importante aposta levada a cabo polo Goberno autonómico para impulsar o sector agrogandeiro galego. Referiuse ás liñas de achegas para os plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores. Dende o ano 2009 financiáronse ao abeiro destas axudas preto de 8.240 plans de mellora, cun investimento de algo máis de 320 millóns de euros. Asemade, incorporáronse uns 5.000 mozos e mozas a través dun investimento de case 161 millóns de euros.

María José Gómez destacou tamén as achegas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que este ano conta cun orzamento de 2,64 millóns de euros. Esta liña está destinada a cooperativas agrarias e sociedades de transformación e teñen unha repercusión moi positiva á hora de reducir os seus custes de produción.

O obxectivo é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo e fomentar a produción de novas tecnoloxías no seu emprego. Estas achegas convócanse anualmente dende 2016 o que supuxo unha achega total de máis de 34 millóns de euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/05/2025
1021974 {"title":"Medio Rural destaca a Feira de Ano e Festa de San Isidro de Paradela como escaparate do sector primario galego","published_date":"2025-05-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1705201\/20250518ConseMRParadela+I.JPG","id":"1021974"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-18/1021974-medio-rural-destaca-feira-ano-e-festa-san-isidro-paradela-como-escaparate-do-sector-primario-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.