Anxo M. Lorenzo salienta a contribución da Casa Museo María Antonia Dans á dinamización cultural de Curtis
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Cultura destaca o investimento de 250.000€ da Xunta para a rehabilitación e musealización deste inmoble
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Curtis (A Coruña), 16 de maio de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración da exposición Sempre arte no corazón, da pintora María José Rodríguez, na Casa Museo María Antonia Dans, en Curtis. Precisamente, salientou a "importante contribución e dinamización cultural" que está a supor para este municipio coruñés a programación e actividade que desenvolve esta entidade.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou o investimento de 250.000 euros da Xunta para a rehabilitación e musealización deste inmoble, que formou parte da infancia e xuventude deste referente do neoexpresionismo e cuxa recuperación supuxo "unha nova alternativa cultural e artística na zona".
Anxo M. Lorenzo enmarcou este tipo de intervencións nas que está a desenvolver o Goberno galego dentro plan de mellora e modernización de infraestruturas culturais por toda a xeografía galega e tamén as encadrou á abeiro das accións da Rede Adival de dinamización cultural do rural, no eido de potenciar e permitir que a creación e acceso non estea condicionado polo territorio.