Arranca `De Pobra a Portosín, tapeando polo mar`, acción impulsada polo empresariado local en colaboración coa xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 16 de maio de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na tarde deste venres no arranque da iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, co fin de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio e a vida socioeconómica destas localidades, e fomentar a colaboración entres os concellos nas que se sitúan.
A acción, que se desenvolve os días 16,17, 30 e 31 de maio, e o 6 e 7 de xuño, conta co apoio económico de Mar. Busca tamén impulsar o consumo de peixe local e de tempada, ademais da actividade turística que leva aparellada a actividade marítimo-pesqueira da comarca. Os produtos protagonistas serán o mexillón, o atún e a anchoa, que rotarán entre as tres localidades, de modo que cada unha delas acollerá actividades centradas nas tres especies en distintos fins de semana. Así, haberá showcookings en directo a cargo de cociñeiros e hostaleiros locais e foodtrucks con propostas culinarias innovadoras, entre outras propostas de lecer.