A Xunta salienta a importancia de apostar pola investigación para avanzar na reutilización de residuos e consolidar un modelo de economía circular

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez pon en valor o papel das empresas concienciadas co uso eficiente dos recursos e a valorización dos subprodutos e refugallos
  • A conselleira lembra que este xeito de actuar permite transformar lixo en materias primas de alto valor engadido creando oportunidades de negocio onde antes había un problema, o que contribúe a que Galicia sexa un referente no coidado da contorna
  • O Executivo galego apoia tanto ás entidades públicas como privadas na implantación de melloras para a xestión dos residuos e asesóraas co fin último de concienciar ao conxunto da cidadanía sobre a importancia das prácticas respectuosas neste eido
Imagen del artículo A Xunta salienta a importancia de apostar pola investigación para avanzar na reutilización de residuos e consolidar un modelo de economía circular
O Porriño (Pontevedra), 16 de maio de 2025

A Xunta destaca a importancia de intensificar os esforzos na aposta pola investigación co fin de avanzar na reutilización dos distintos residuos que se xeran -tanto nos fogares como nas industrias- e consolidar un modelo de economía circular responsable e respectuoso co medio ambiente.

Así o destacou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita ás instalacións que o centro tecnolóxico AIMEN ten no Porriño, onde puxo en valor o labor que realizan este tipo de entidades no ámbito da sustentabilidade e a innovación tecnolóxica. Neste senso, salientou que este centro é un bo exemplo de empresa innovadora vinculada coa economía circular, o uso eficiente dos recursos e a valorización de subprodutos e residuos.

De feito, incidiu a responsable autonómica, ten capacidade para transformar residuos en materias primas de alto valor engadido creando oportunidades de negocio sostible onde antes había un problema, o que encaixa coa pretensión da Xunta -apoiando aos concellos e ás empresas- de que Galicia sexa un referente no coidado da contorna e na aposta pola economía circular a todos os niveis.

Ángeles Vázquez lembrou que este centro tecnolóxico tamén ten en marcha proxectos relacionados coa xestión e a calidade da auga, unha cuestión vital para a comunidade dado que se trata dun recurso fundamental para o conxunto da cidadanía, para o tecido produtivo e para a conservación dos espazos naturais da comunidade.

Precisamente, a Xunta está a apoiar ás empresas e concellos na aposta por ese modelo de economía circular, para o que convocou distintas axudas co fin de avanzar na xestión dos distintos residuos e tamén está a colaborar e a asesorar ás entidades públicas e privadas para que adopten medidas coas que optimizar tanto a xestión como o tratamento do lixo e a sensibilización do conxunto da cidadanía nas prácticas respectuosas neste eido.

A entidade

AIMEN é un centro tecnolóxico e de innovación creado en 1967 altamente especializado no campo dos materiais e as tecnoloxías de fabricación avanzada. Entre as súas especialidades están os traballos de unión e soldadura, tecnoloxías láser aplicadas ao procesamento de materiais, a robótica e a automatización.

Esta entidade factura preto de 22 millóns de euros anuais e conta con máis de 300 traballadores entre as súas oficinas centrais do Porriño e outras repartidas por España, que prestan servizos a nivel internacional. De feito, nos últimos 10 anos participou en 282 proxectos de I+D+i, o que a converte nunha entidade referente na investigación e desenvolvemento de solucións innovadoras que favorecen a sustentabilidade e a optimización dos recursos industriais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2025
1020499 {"title":"A Xunta salienta a importancia de apostar pola investigación para avanzar na reutilización de residuos e consolidar un modelo de economía circular","published_date":"2025-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1020499"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-16/1020499-xunta-salienta-importancia-apostar-pola-investigacion-avanzar-na-reutilizacion-residuos-e-consolidar-modelo-economia-circular https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.