A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Juan José Cerviño subliñou que o número de solicitudes tramitadas este ano supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas
  • A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural salientou que dende o 2016 concedéronse aos concellos galegos axudas para actuar sobre 6.042 camiños municipais, cunha lonxitude de 4.744 km. e un orzamento de preto de 168 M€
  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria informou das medidas da Consellería do Medio Rural para apoiar os produtores de Faba de Lourenzá en eidos como o fomento da actividade, a formación, a investigación ou a promoción

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025

A tramitación da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores, aínda que comezara a un ritmo lento. Así, incrementouse notablemente o número de solicitudes gravadas e supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas. En cada campaña tramítanse máis de 24.000 solicitudes na nosa comunidade e a día de hoxe atópanse na aplicación de captura arredor de 21.700 solicitudes.

Todos estes datos foron postos en valor esta mañá polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, na súa comparecencia na Comisión 7ª do Parlamento, a petición propia, para informar do estado de presentación das solicitudes da PAC na campaña 2025. O director xeral deu conta tamén do estado de pagos da Campaña 2024 e o resumo de pagos da Campaña 2023, xa finalizada totalmente.

En relación coa presente campaña, o director xeral subliñou que Galicia foi unha das primeiras comunidades en ampliar o prazo de solicitude destas axudas ata o 15 de maio e ademais tamén instou ao Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) a retirar a penalización por presentación tardía ata o 31 de maio, unha medida que este organismo adoptou o pasado día 5 de maio, tras a presión exercida por diferentes autonomías, entre elas Galicia. Deste xeito, na práctica, o prazo quedou ampliado ata o devandito día 31 de maio.

Campaña do 2024

Sobre a xestión da campaña 2024, Cerviño sinalou que a finais do pasado ano a execución dos pagamentos dos fondos para axudas directas chegou ao 83%, moi por riba do anticipo pagado por outras comunidades. Posteriormente, e sempre dentro dos prazos establecidos, realizouse un pago intermedio de 3,5 millóns de euros dos expedientes que quedaran pendentes dalgún control. Recentemente, o FEGA publicou os últimos importes unitarios para a campaña 2024, co que o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) xa puido comezar o proceso de pago final das axudas directas e das agroambientais antes do 30 de xuño, data límite para o remate da campaña. Este último pagamento da campaña 2024 suporá, segundo explicou o director xeral, un montante duns 55 ou 60 millóns de euros para o agro galego.

Con respecto á campaña 2023, Juan José Cerviño destacou que, coa activación do novo Plan Estratéxico da PAC (Pepac), tras o fin do período de programación anterior, Galicia saíu reforzada no que se refire ao primeiro piar (axudas directas), xa que viu incrementadas as achegas que recibe do FEGA en case un 5% respecto ao período anterior. Polo seu carácter eminentemente gandeiro, a nosa comunidade beneficiouse dun incremento moi sensible (de case un 37% sobre o período anterior) nas primas ao gando, no vacún de leite, fundamentalmente.

Contabilizando os dous piares da PAC (o referido ás axudas directas e o segundo, centrado no desenvolvemento rural), na campaña 2023 a nosa comunidade recibiu arredor de 360 millóns de euros, que foron directamente destinados a mellorar a sustentabilidade económica, social e ambiental do rural galego, tal como salientou o director xeral na súa comparecencia. Cerviño tamén aproveitou a súa intervención para agradecer tanto ao persoal do Fogga como ás entidades colaboradoras (entidades bancarias, organizacións profesionais agrarias, empresas privadas, asociacións etc.) o seu labor na xestión destes fondos tan importantes para o rural da nosa comunidade.

Mellora de camiños municipais

Por outra parte, en resposta a unha pregunta sobre a cuestión, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, fixo balance das actuacións do seu departamento en materia de mellora de infraestruturas rurais e, máis concretamente, nos diferentes plans impulsados na última década pola Xunta para conservar e mellorar os camiños que vertebran o agro galego.

Así, Rodríguez destacou que, dende o ano 2016, concedéronse aos concellos da nosa comunidade axudas para actuar sobre 6.042 camiños municipais, totalizando unha lonxitude de 4.744 km. de vías rurais melloradas. O importe total da dotación orzamentaria das nove convocatorias -sen contar a de 2025/26- ascende a mais de 167.750.000 euros, dos cales -e a expensas do que resulte da última convocatoria- concedéronse axudas por un importe de algo mais de 137.300.000 euros, é dicir, case o 93% dos fondos postos a disposición.

Apoio aos produtores de Faba de Lourenzá

Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, deu conta nesta Comisión 7ª, en resposta a outra pregunta, das medidas impulsadas pola Consellería do Medio Rural para apoiar os produtores de Faba de Lourenzá. Así, lembrou que se decidiu, de acordo co sector, habilitar unha liña de axudas directas de 2.000 euros por hectárea para os produtores adscritos á Indicación Xeográfica Protexida.

Os fabeiros tamén poderán beneficiarse doutras achegas, segundo explicou Alemparte, como as do instrumento financeiro que se vai implementar para todos os agricultores e gandeiros, de forma que poidan acceder a créditos en moi boas condicións, aboando a Xunta os intereses. Outras iniciativas postas en valor polo director son as relacionadas cos eidos da formación, o asesoramento, a investigación ou a promoción do produto.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2025
1020498 {"title":"A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores","published_date":"2025-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/180718-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1020498"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-16/1020498-xunta-destaca-xestion-da-solicitude-unica-da-pac-galicia-sendo-ano-superior-dos-exercicios-anteriores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.