A Xunta arranca as obras dos novos accesos ao Chuac, que inclúen o anel perimetral que rodeará o complexo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A actuación dos accesos incluirá tamén a remodelación do enlace que conecta o Chuac coa Avenida da Pasaxe (AC-12), 
  • O investimento acada os 24,2 millóns de euros
  • Os traballos acaban de comezar coa execución do viario provisional que conectará o Chuac coa AC-10, e que dará servizo ao centro mentres se abordan as obras
  • M. Allegue destacou a colaboración institucional co Concello da Coruña, que financiará a maior parte do orzamento desta actuación "consensuada e planificada", cuxo prazo de execución de 21 meses
  • A conselleira destacou que, co inicio dos accesos, están en marcha todas as actuacións planificadas do Novo Chuac, "que está a coller impulso", cun investimento ata agora de 85 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 16 de maio de 2025

A Xunta vén de iniciar as obras dos accesos ao Novo Chuac, intervención coa que xa están en marcha todas as actuacións para impulsar a ampliación do complexo hospitalario. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou hoxe estes traballos, que contan cun investimento de 24,2 millóns de euros.

En concreto, a intervención dos accesos consistirá na execución do anel perimetral que rodeará o complexo hospitalario, ata a intersección co viario existente, no cruzamento da rúa Curramontes coa rúa Castaño de Eirís, ademais da remodelación do enlace que conecta o Chuac coa Avenida da Pasaxe (AC-12).

Trátase, como destacou a conselleira, dunha actuación de gran complexidade técnica e, entre os trazados e estruturas que se van executar destacan a nova glorieta do acceso á AC-12, de 44 metros de diámetro exterior, así como a coordinación do trazado do viario perimetral cos accesos ao hospital e con 5 viarios cos que conecta, ou os 3 viadutos previstos. Deles, un irá sobre a AC-12, outro estará no cruce da nova entrada e saída dende a AC-12, e o terceiro no anel perimetral. En total, levaranse a cabo 4 km de viais e o prazo de execución é de 21 meses.

M. Allegue lembrou que o inicio da demolición do Hotel de Doentes, así como a execución do párking provisional, permitiron abordar agora a obra dos accesos, "coa que xa están encaixadas todas as pezas necesarias para a materialización do Novo Chuac, que agora colle impulso". Indicou que se trata dunha actuación planificada para non interromper a actividade asistencial no hospital.

A conselleira agradeceu a cooperación institucional para o financiamento desta actuación dos accesos, "consensuada, planificada e executada" en colaboración co Concello da Coruña e que será "fundamental para garantir a mobilidade co futuro complexo". O Concello asumirá a titularidade dos viarios unha vez finalizados.

Desenvolvemento dos traballos

Os traballos acaban de comezar coa execución do viario provisional que conectará o Chuac coa AC-10, partindo da Avenida de Lamadosa, que dará servizo ao centro mentres se abordan as obras, e que se prevé rematar nuns meses. Estase a acometer neste momento a escavación, para despois acometer a instalación de servizos previstos, así como o seu afirmado e sinalización.

Ademais, de xeito paralelo, estanse abordando os primeiros traballos na zona da AC-12, coa adecuación e desvío dos servizos e conducións de abastecemento, saneamento e pluviais, que terán continuidade nos vindeiros meses. No verán prevese tamén a execución dun dos fitos da actuación, que será a demolición do actual paso superior sobre a AC-12, para proceder á construción dun novo.

Actuacións do Chuac

A Xunta ten en marcha as distintas actuacións que conforman a primeira fase do Novo Chuac. En concreto, estanse a executar as obras de demolición do Hotel de Doentes (1,4M€), así como a construción da Torre Polivalente (37,6M€) e a urbanización de Pedralonga (3,5M€), onde se reubicará aos propietarios afectados.  Ademais, a Administración autonómica traballa para licitar antes de finais deste 2025 o contrato de obra da Fase 2, a obra de edificación máis grande do complexo, cunha estimación próxima aos 400 M€.

Allegue subliñou que o Novo Chuac será un referente da atención sanitaria para medio millón de pacientes das áreas da Coruña e Cee, e sumará un investimento total de máis de 500 M€, o maior realizado nunha obra hospitalaria da Xunta. Unha vez rematado, o centro contará con 260.000 metros cadrados de novos servizos asistenciais.

Lembrou que a Xunta tamén acadou de 60 millóns de euros de financiamento europeo para esta actuación, sendo a única comunidade española en acadalo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2025
1019940 {"title":"A Xunta arranca as obras dos novos accesos ao Chuac, que inclúen o anel perimetral que rodeará o complexo","published_date":"2025-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/180599-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1019940"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-16/1019940-xunta-arranca-as-obras-dos-novos-accesos-ao-chuac-incluen-anel-perimetral-rodeara-complexo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.