Villares pon en valor a Estratexia Galicia Dixital 2030 como folla de ruta para optimizar a trazabilidade e a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Neste compromiso co impulso da competitividade da cadea mar-industria, o Goberno galego completará este ano a 2ª fase do programa Lonxas 4.0, que conta cun investimento de 10M€

Redondela (Pontevedra), 14 de maio de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sitúa a Estratexia Galicia Dixital 2030 do Goberno galego como folla de ruta para optimizar a trazabilidade e a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros. Así o trasladou na IV Xornada Cantábrica, que reúne hoxe na Illa de San Simón a representantes do sector pesqueiro, da cadea de distribución, ás administracións públicas e expertos científicos para abordar desafíos do presente e do futuro da pesca.
Este recurso, que ten como base a innovación dixital para a potenciación do mar e a mellora da competitividade do sector, contribuirá, segundo destacou Villares, ao desenvolvemento dunha actividade máis sostible, que lle dea prioridade á seguridade e á calidade alimentaria, ao tempo que facilita a cohesión territorial. Promove un canal de venta dixital seguro e fiable que serve de impulso ao comercio de proximidade e facilita o acceso dos produtos galegos a outros mercados.
Neste compromiso co impulso da competitividade da cadea mar-industria, a Administración autonómica completará este ano a implantación da segunda fase do programa de modernización tecnolóxica da comercialización e xestión nas lonxas e confrarías de pescadores. Trátase do programa Lonxas 4.0, Iniciativa que forma parte do proxecto Primare Mar, promovido polo departamento que dirixe Villares e a Axencia de Modernización Tecnolóxica, e que supón un investimento de 10 millóns de euros.
A xornada
A interacción con especies protexida, a trazabilidade dos produtos pesqueiros e a información ao consumidor, e os retos de comercialización do sector, foron o asuntos abordados nas diferentes mesas que compuxeron o encontro, enmarcado no Plan de Produción e Comercialización 2025 da Organización de Produtores da Pesca e da Acuicultura (OPP) e as Organizacións interprofesionais do Cantábrico e que conta coa apoio económico da Consellería do Mar, a través dos Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
Esta OPPs é a primeira organización deste tipo de España. Constituída en 2011 ten por obxectivo garantir o exercicio racional da pesca mediante a explotación sostible dos recursos acuáticos vivos, nun contexto que teña en conta os aspectos medioambientais, económicos e sociais de xeito equilibrado, así como a mellora das condicións de venta da súa produción.
A súa flota conta con 354 buques, que empregan unha variedade de artes de pesca que van dende a tradicional do palangre ata outros métodos como o cerco, o rasco e as artes menores. Está definida na Organización Común de Mercados como o sector da economía que comprende todas as actividades de produción, transformación e comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros.