A delegada da Xunta en Vigo e o presidente de Sogama supervisan as obras de remodelación da planta de transferencia de Guixar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Foi dotada cunha tolva específica para o transvasamento da materia orgánica recollida de forma diferenciada a través do contedor marrón, polo que, unha vez culminada a reforma, o Concello de Vigo poderá entregar esta fracción na instalación
- Así mesmo, substituíuse a envolvente do conxunto, reemprazando todas as láminas do peche da nave para aumentar o nivel de illamento acústico, ao tempo que se actualizou o deseño do edificio para unha mellor integración na contorna

Vigo, 14 de maio de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, supervisaron esta mañá as obras de remodelación da planta de transferencia de Guixar, que, en breve, e logo de dotala cunha tolva específica, estará preparada para transvasar os residuos orgánicos recollidos na cidade de forma diferenciada a través do contedor marrón, procedendo ao seu transporte á planta de compostaxe máis próxima (neste caso, a de Vilanova de Arousa), para a súa conversión en compost.
Unha vez culminados os traballos, adxudicados por un importe próximo aos 2 millóns de euros, esta planta integrarase na rede de infraestruturas para a compostaxe da fracción orgánica, impulsada polo goberno autonómico e executada por Sogama, estando conformada por 17 instalacións (4 plantas de biorresiduos -unha por provincia- e 13 plantas de transferencia de apoio, incluíndo a de Vigo).
O obxectivo desta rede, que conta cun investimento de 45 millóns de euros, dos cales 30 millóns procederon dos Fondos FEDER REACT EU, é axudar aos concellos a cumprir a normativa vixente, xa que, desde o 1 de xaneiro de 2024, quedaban obrigados a implantar a recollida separada dos residuos orgánicos de orixe doméstica e transformalos nun fertilizante natural de alta calidade con posteriores aplicacións no edido da agricultura e a xardinería.
Desta forma, facilitarase que a práctica totalidade dos municipios adheridos a Sogama (295) dispoñan dunha planta de compostaxe ou de transferencia a menos de 50 km de distancia, contribuíndo ao aforro de custos, tanto ambientais como económicos.
Menos ruídos e máis integración paisaxística
Así mesmo, a mellora da planta viguesa contemplou a substitución da envolvente do conxunto, reemprazando todas as láminas do peche da nave para aumentar o nivel de illamento acústico derivado da propia actividade, ao tempo que se actualizou o deseño do edificio para unha mellor integración na contorna. Tamén se substituiu un dos compactadores por outro de maior capacidade e dotouse á instalación de máis contedores.
As obras estarán concluídas a finais do próximo mes de xuño, un prazo que superou a previsión inicial debido ás inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses.