O 'Observatorio LGTBIQ+' galego aproba no pleno o protocolo sanitario de Atención Primaria no Servizo Galego de Saúde das persoas trans

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Promoción da Igualdade puxo en valor o traballo conxunto da Administración para seguir impulsando medidas de apoio ás persoas LBGTI en todos os eidos sociais

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, presidiu a primeira sesión plenaria do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero ('Observatorio LGTBIQ+') deste 2025. Neste encontro de traballo, o pleno aprobou o protocolo sanitario de Atención Primaria das persoas transexuais elaborado pola Consellería de Sanidade.

Ese protocolo, que contou coa colaboración da dirección xeral de Promoción da Igualdade, foi elaborado por un grupo de traballo de atención primaria. As recomendacións establecidas polo Servizo Galego de Saúde pretenden, entre outros obxectivos, potenciar a atención sanitaria nun ambiente axeitado para as persoas trans, que lles proporcione confianza e no que se poidan expresar de forma cómoda e aberta.

Ademais, o pleno do Observatorio, ante as situacións de violencia que seguen vivindo en moitas ocasións as persoas trans e LGBTI en xeral, acordou manifestar que: "debemos avanzar cara una sociedade inclusiva e diversa nas que este tipo de actuacións de odio e criminalización perpetúan o estigma, lexitiman os discursos de odio e reforzan as narrativas que buscan deshumanizar unha parte da poboación. Todas as persoas deben ser recoñecidas e respectadas tal e como son, ninguén ten o dereito a decidir quen merece ou non ser incluído na sociedade. Debemos defender os dereitos humanos de todas as persoas sen excepcións e promover unha sociedade que acepte a todas as persoas como iguais e que sexa respectuosa cara todas as persoas independentemente da súa identidade de xénero".

A directora xeral recalcou durante a sesión plenaria a importancia de impulsar o traballo conxunto de toda a Administración pública para seguir impulsando medidas de apoio ás persoas LGBTI en todos os eidos sociais. Así, sinalou que se ten avanzado moito na visibilidade das persoas LGBTI e na diversidade sexual, pero recalcou que "é necesario seguir traballando para darlle máis espazo nas políticas públicas". Neste sentido, avanzou que a Xunta de Galicia seguirá reforzando as medidas de sensibilización e apoiando ao movemento asociativo.

María Quintiana recordou que a Consellería de Política Social e Igualdade conta con diferentes ordes para programas de entidades que traballan con mulleres en situación de vulnerabilidade no que se está apoiando tamén o traballo de atención e asesoramento ás do colectivo LGBTI. Ademais, fixo fincapé en que se está a traballando na difusión e adhesión dos locais ao protocolo de ocio nocturno que conta con medidas específicas para combater as agresións LGBTIfóbicas. Así mesmo,  indicou que o Plan integral de actuación de renovación e impulso dos CIM no que está a traballar a Xunta tamén ten entre os seus obxectivos seguir mellorando atención desde estes centros ás persoas LGBTI.

Para finalizar, a directora xeral puxo en valor o traballo que desenvolve todo o movemento asociativo así como os centros Quérote+ na atención e asesoramento á mocidade LGBTI, un labor que se realiza tanto en centros educativos como a través das diferentes canles de comunicación e redes sociais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/05/2025
1018057 {"title":"O 'Observatorio LGTBIQ+' galego aproba no pleno o protocolo sanitario de Atención Primaria no Servizo Galego de Saúde das persoas trans","published_date":"2025-05-14","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/180319-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1018057"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-14/1018057-observatorio-lgtbiq-galego-aproba-pleno-protocolo-sanitario-atencion-primaria-servizo-galego-saude-das-persoas-trans https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.