A Xunta executa obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-564 ao seu paso polos concellos de Cabanas, A Capela e As Pontes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que se están a executar nun tramo do municipio de Cabanas
- Está é unha das tres vías autonómicas do ámbito da Delegación na que está a actuar a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas nos últimos meses cun investimento de 1,7 M€

Cabanas (A Coruña), 14 de maio de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Cabanas, Fernando Couce, e da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisou hoxe a execución das obras de mellora da pavimentación que o departamento autonómico está a acometer na estrada AC-564, ao seu paso polos municipios de Cabanas, A Capela e As Pontes.
Actualmente estase a actuar nun tramo do concello de Cabanas onde se está a proceder á rehabilitación superficial localizada do firme desta estrada, restaurando e mellorando as características superficiais do pavimento, adecuándoas as súas necesidades funcionais e de durabilidade.
Tamén se realizarán melloras na drenaxe, na sinalización , nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.
A delegada territorial lembrou que esta é unha das tres estradas autonómicas da área da Delegación que a Administración autonómica acondicionou nos últimos meses, xunto á AC-112 e a AC-110 que discorren polos concellos das San Sadurniño, Narón, Cerdido e As Somozas. O investimento conxunto ascende a máis de 1,7 M€.
Martina Aneiros lembrou que o Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, incrementando este ano en máis dun 30% as partidas destinadas a súa conservación máis de 68 M€.