Villares destaca a aposta da Xunta polo turismo náutico como elemento estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Co obxectivos de impulsar os portos deportivos, o seu departamento consignou por primeira vez este ano nos Orzamentos unha partida de 1,2 millóns de euros
  • A entidade pública Portos de Galicia xestiona de forma directa 42 dos 73 portos deportivos que ofertan 100.700 prazas e que presentan unha ocupación media superior ao 80%

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 14 de maio de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación do Festival Azul 2025, que se desenvolverá en Vigo dende o 22 ao 25 de maio, e que está organizado pola Asociación Clúster Náutico Rías Baixas, en colaboración co Goberno galego e outras entidades institucionais e do sector marítimo-pesqueiro. O responsable autonómico destacou a importancia do turismo náutico como elemento estratéxico para impulsar o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros.

Os seus obxectivos son, segundo apuntou Villares, a difusión e o coidado do patrimonio cultural, natural e histórico vencellado á costa galega -que ten unha extensión de máis de 1.600 quilómetros, tres provincias con mar, dezaseis rías, arredor de 80 concellos do Cantábrico e do Atlántico e máis da metade da poboación galega asentada nestas zonas- unha oportunidade máis que ofrece a actividade turística portuaria e que dá valor á rede portuaria existente na comunidade.

Con 128 portos en total, dos que 122 son de titularidade autonómica, a galega duplica a Andalucía, segunda comunidade con maior número de recintos portuarios. No marco desta estrutura, a entidade pública Portos de Galicia xestiona de forma directa 42 dos 73 portos deportivos que ofertan 10.700 prazas e que presentan unha ocupación media superior ao 80%. Así, o ano pasado foron máis de 5.800 barcos en tránsito os que recalaron nas nosas instalacións, deixando en terras galegas un volume de negocio de estimado de 6,2 millóns de euros.

1,2 millóns de euros

Co obxectivo de coidar e mellorar estas infraestruturas que permitan seguir incidindo na calidade na prestación de servizos mediante o impulso e o apoio técnico para a obtención de certificacións, nos Orzamentos deste ano, a Consellería que dirixe Villares consignou, por primeira vez, unha partida específica de 1,2 millóns de euros.

Froito deste compromiso, Galicia conta hoxe co 72% das certificacións S de Sostibilidade, o 62% das Q de Calidade, o 100% das EMAS, e o 70% das ISO 14001 de España. Distintivos que se complementan coas Bandeiras Azuis que outorga a Asociación de Ensino Ambiental e do Consumidor. Todo un traballo, apuntou o conselleiro, que se complementa coa promoción en feiras internacionais e que supón a folla de ruta do seu departamento para seguir impulsando a actividade asociada ao turismo do mar, unha actividade que impulsa destinos e potencia a competitividade xerando un impacto económico e cultural moi significativo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/05/2025
1017764 {"title":"Villares destaca a aposta da Xunta polo turismo náutico como elemento estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros","published_date":"2025-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/180230-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1017764"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-14/1017764-villares-destaca-aposta-da-xunta-polo-turismo-nautico-como-elemento-estratexico-desenvolvemento-socioeconomico-dos-territorios-costeiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.