Medio Rural inviste máis de 100.000 € na mellora da residencia de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira María José Gómez realizou esta tarde unha visita ao centro, onde se acaban de acometer actuacións para mellorar a experiencia dos estudantes a partir do vindeiro curso 2025-2026
- María José Gómez explicou que este é un dos seis CFEA que hai espallados pola comunidade, cuxas instalacións contribúen á formación cualificada dos profesionais do sector agrario, gandeiro e forestal
- Gómez asegurou que estes centros "xogan un papel fundamental" na formación, innovación e transferencia de coñecemento e a xeración de oportunidades no sector primario galego
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribadeo (Lugo), 12 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, realizou esta tarde unha visita ao Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias, onde se acaban de acometer obras de mellora e mantemento na residencia de estudantes do centro cun investimento de algo máis de 104.000 euros.
A conselleira explicou que a actuación ten como obxectivo mellorar a experiencia dos estudantes a partir do vindeiro curso académico 2025-2026 cun espazo que ofrecerá un total de 21 prazas de aloxamento, distribuídas en 10 habitacións dobre e unha individual.
Os investimentos realizados nas obras de acondicionamento destas instalacións ascende máis de 31.000 euros, aos que lle engaden outros 31.100 euros na dotación de mobiliario e case 1.200 euros na roupa de cama. A maiores, e como complemento á remodelación integral da residencia de estudantes, tamén se procedeu á renovación dos aparellos da lavandería, cun investimento de preto de 19.000 euros, e cociña, cuxas dotacións e equipamentos tamén se melloraron e para os que se destinaron algo máis de 22.500 euros.
A residencia ocupa unha superficie de máis de 500 metros cadrados, distribuídos en planta baixa e dúas en altura. Na planta baixa do edificio localízanse un espazo de lecer e un comedor, mentres que nas restantes se sitúan as habitacións. No primeiro andar atópanse seis dobres e unha individual, xunto cos baños completos compartidos; e no segundo atópanse outras catro habitacións dobres.
Importancia da formación regrada
María José Gómez explicou que o Pedro Murias é un dos seis CFEA que hai espallados pola comunidade, cuxas instalacións contribúen á formación cualificada dos profesionais do sector agrario, gandeiro e forestal. Gómez asegurou que estes centros "xogan un papel fundamental" na formación, innovación e transferencia de coñecemento e a xeración de oportunidades no sector primario galego.
Así, salientou que renovar e actualizar as súas infraestruturas "é crucial para poder garantir unha formación e innovación de calidade feita en Galicia". Asemade, sinalou que o fomento deste tipo de actuacións no rural contribúe a favorecer a remuda xeracional, fixar poboación no rural e garantir mellores condicións de vida ás persoas que habitan nel.
As accións de formación e investigación desenvolvidas neste centro axudan de maneira decisiva ao desenvolvemento sostible do rural galego, e contribúen a consolidar un sector primario competitivo, innovador e comprometido co territorio.