A Xunta adxudica por preto de 30.000 € o contrato para controlar a poboación de visón americano no Parque Natural de Corrubedo e protexer a píllara das dunas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O fin último é facer fronte á potencial incidencia como depredador desta especie exótica invasora sobre os niños e polos desta ave protexida
- Esta acción, a desenvolver entre este ano e o que vén, enmárcase no proxecto transfronteirizo Iberalex para a conservación da píllara das dunas para mellorar o seu estado de conservación

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2025
A Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, adxudicou por preto de 30.000 euros un contrato para a realización de accións de control sobre o visón americano (Neovison vison), especie incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras, no Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán pola súa potencial incidencia como depredador de niños e polos da píllara das dunas.
Esta medida enmárcase na acción de eliminación de fauna invasora prevista no proxecto Xestión sostible de praias e humidais ibéricos: conservación da píllara das dunas como ferramenta para compatibilizar usos humanos e biodiversidade (Iberalex), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa EP-Interreg VA España-Portugal (Poctep) 2021-2027.
O obxectivo xeral desta iniciativa é mellorar o estado de conservación desta especie protexida no espazo transfronteirizo a través dunha estratexia de xestión integral de praia e humidais supralitorais e continentais que contribúa á compatibilización das actividades humanas e a conservación da súa biodiversidade asociada.
O contrato, que se desenvolverá entre este ano e o que vén, prevé o desenvolvemento dos traballos necesarios para realizar o control poboacional do visón americano no parque natural mediante a colocación de gaiolas-trampa sobre plataforma flotante. Esta metodoloxía demostrou a súa eficiencia para a captura selectiva desta especie trala experiencia adquirida en multitude de proxectos de conservación e converteuse en poucos anos na principal ferramenta para o seu control.