A Xunta promove este domingo en Lugo un 'Escape Room' para concienciar á mocidade sobre os riscos dos xogos de azar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa esta actividade gratuíta que busca previr esta adicción e sensibilizar sobre os perigos que implica
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 9 de maio de 2025
A Xunta promove este domingo - 11 de maio - na praza Maior de Lugo un Escape Room gratuíto dirixido a mozos e mozas maiores de 14 anos co fin de que tomen conciencia sobre os riscos dos xogos de azar.
A iniciativa foi presentada hoxe polo delegado territorial, Javier Arias. Trátase dun Escape Room de carácter interactivo instalado nunha unidade móbil que percorrerá sete cidades e localidades galegas.
O obxectivo é proporcionarlle á xente nova ferramentas para previr a ludopatía. Para iso propóñense seis dinámicas con contidos enfocados a desbotar mitos sobre o xogo; identificar sinais de alarma; ou diferenciar entre un xogador social, un problemático e un patolóxico. Tamén se aborda como saír desta adicción, como previla e como prexudica ao afectado e ao seu entorno.
Os participantes terán que responder a preguntas de verdadeiro ou falso ou completar un crebacabezas, entre outras cuestións.
O Escape Room estará na Praza Maior de Lugo de 11,00 a 14,45 horas e de 16,15 a 21,30, para facilitar a maior participación posible nesta acción formativa e lúdica. Cada quenda terá unha duración estimada de 45 minutos e poderá contar cun máximo de cinco participantes. As sesións estarán dirixidas por persoal traballador ou educador social.
As inscricións poden facerse na seguinte ligazón facilitada pola entidade que realiza a actividade, A90Grados, ou o mesmo día no propio lugar no que se desenvolve, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Arias destacou a importancia de promover accións de información e sensibilización sobre a problemática asociada ao mundo das apostas e os xogos online, para o conxunto da sociedade "pero en especial para inculcar bos hábitos entre a xente moza, que está nunha etapa da vida especialmente vulnerable". O Escape Room tamén estará en Viveiro (mañá sábado); Ferrol, Vigo, Ponteareas, San Cibrao das Viñas e Ourense.